1000Caminos, o concurso do Camino de Santiago

20 de Febreiro de 2017

Cada ano miles de peregrinos manteñen un obxectivo común: chegar á Catedral de Santiago e cruzar a súa porta. A pé, a cabalo, en bicicleta... ha mil formas de percorrer o Camiño de Santiago, e mil experiencias por vivir. As primeiras ilusións, os primeiros albergues, as vistas que deixan sen alento, os compañeiros de camiño...Mil historias que contar, mil fotografías por facer.

Por fín chegas a Santiago. Cumpres o teu obxectivo: xa fixeches o teu camiño. E agora? Agora é momento de compartir a experiencia. Martín Códax invita a todos os peregrinos a que compartan as súas experiencias co resto. Apetéceche contalo todo polo miúdo ou es dos que pensas que unha imaxe vale máis que mil palabras? Todo ten cabida en 1000caminos.com, o concurso do Camiño de Santiago. Fotos, lugares ou relatos; compárteos cos demais peregrinos.

Que mellor, despois de facer o Camiño de Santiago, que unhas pequenas vacacións? Martín Códax ofrece a todos os peregrinos a oportunidade de visitar os destinos enoturísticos máis emblemáticas como Italia, Alemaña ou Francia para que o camiñante poida seguir a súa aventura. Ademais terán a posibilidade de gozar de lotes de viño, obter o caderno do peregrino e visitar as instalacións de Bodegas Martín Códax

Crías que sabías todo acerca do Camiño de Santiago? Pois hai moito máis. Entra en 1000caminos.com e descúbreas.