Martín Códax, Mellor Branco Novo

09 de Novembro de 2015

Martín Códax, Mellor Viño Branco Novo pola Guía Gourmets 2016

Recibir premios que valoren o noso traballo e a calidade dos viños que elaboramos é sempre un motivo para sentirnos orgullosos e para seguir traballando co mesmo cariño co que o facemos. E máis se é un premio tan importante como o que nos deron recentemente!

E é que o nosos albariño Martín Códax, foi nomeado Mellor Viño Branco Novo de España pola Guía Gourmets 2016.

O seu comité de cata está formado por prestixiosos enólogos, sumilleres, xornalistas e catadores en activo, que probaron a cegas máis de 4.000 viños de 119 zonas vinícolas.

A Guía Gourmets acordou conceder a Martín Códax esta distinción a partires dos votos emitidos polos lectores nos cuestionarios recibidos durante o ano 2015.

Un novo premio que se engade, entre outros, ao Bacchus de Ouro concedido pola Unión Española de Catadores este mesmo ano tamén a Martín Códax.

Outras importantes distincións recibidas recentemente polos viños da bodega foron o Premio ao Mellor Viño Branco sen barrica de España dado a Martín Códax Lías pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV), ou o premio ao Mellor Viño Branco de Martín Códax Vindel pola Semana Vitivinícola.

Martín Códax, Mellor Viño Branco Novo pola Guía Gourmets 2016