Martín Códax Vindel, un albariño de cadro de honra.

18 de Febreiro de 2017

Unha parcela moi específica do Val do Salnés, sobremaduración na viña, viticultura levada ao extremo, uvas de albariño dunha cor rosada excepcional… Son os ingredentes do noso Martín Códax Vindel, un Rías Baixas único, á altura dos grandes viños brancos do mundo.

E non só o dicimos nós. A crítica tamén enxalza as virtudes deste viño. E para mostra un botón. Os últimos en facelo foron os membros do comité de cata da Guía de Vinos Gourmets 2017 que incluíron Martín Códax Vindel no cadro de honra desta publicación, situándoo no máis alto do panorama enolóxico nacional.

Formado nesta edición por un total de 23 profesionais, este comité otorgou 97 puntos ao noso albariño, sendo un dos viños que mellor puntuación obtiveron de entre os máis de 4.000 catados. “De gran viveza e estrutura, fresco, saboroso e cun persistente final” foi descrito na Guía de Vinos Gourmets 2017.

Grupo Gourmets tamén inclúe entre os mellores postos do palmarés da súa guía a outro dos nosos grandes viños: Martín Códax Gallaecia. Neste caso, o primeiro vendima tardía de Rías Baixas obtivo 94 puntos.

E vós, por cal vos decidides?