Os Xoves de Códax

04 de Xuño de 2014

Terraza de Bodegas Martín Códax

Presentamos a terceira edición de "Os Xoves de Códax", o circuíto de concertos que terá lugar na terraza-lounge da adega. A maridaxe entre o albariño e a música de artistas como Kepa Junquera y Xabier Díaz o Santiago Auserón y Ses, serán os protagonistas das postas de sol en Martín Códax.

ses_0

Un verán máis, Bodegas Martín Códax presenta ” Os Xoves de Códax”, un ciclo de oito concertos de artistas galegos de renome que, por terceiro ano consecutivo, permitirán descubrir aos asistentes novas formas de sentir e vivir os viños da adega. Estas tardes de música e viño terán lugar os xoves de xullo e agosto na terraza de Bodegas Martín Códax a partir das 20.30 horas, cunha duración aproximada dunha hora.
A terraza-lounge de Bodegas Martín Códax encóntrase no outeiro de Burgáns, dende a cal se divisa o Val do Salnés así como a Ría de Arousa, tendo un enclave privilexiado para gozar das postas de sol estivais.
Este ano ” Os Xoves de Códax” contan con algunhas novidades: para poder asistir ao ciclo de concertos será necesario, por primeira vez, adquirir as entradas dende a nova tenda online de Bodegas Martín Códax (www.martincodax.com). Terán un custo de tan só 5 euros e os beneficios obtidos destinaranse a diferentes asociacións sen ánimo de lucro da zona, como parte do compromiso e a responsabilidade social da adega para coa comunidade galega. Estarán dispoñibles á venta a partir do 9 de xuño.
Os asistentes, ademais da obra destes artistas poderán gozar tamén dunha degustación dos viños de Martín Códax.

O calendario de concertos previsto é o seguinte:

FECHAS

ARTISTAS

3 de Xullo

Kepa Junquera y Xabier Díaz

10 de Xullo

Pentalfa

17 de Xullo

Narf

31 de Xullo

Iria Peña Trío. Flamenco

7 de agosto

Santiago Auserón y Sés

14 de agosto

Caxade

21 de agosto

The Lákazans

28 de agosto

Uxía y Antonio Zambujo con la colaboración de Sergio Tannus.

Sobre Kepa Junquera e Xabier Díaz:
O máis importante e influente músico de Euskadi será o encargado de facer a apertura desta terceira edición dos xoves de códax. Despois de percorrer o mundo durante case 30 anos de carreira Kepa recae na nosa terra, un lugar onde cada visita e cada encontro o enriqueceron tanto a nivel persoal como profesional. No seu último traballo, GALIZA, colabora con algúns dos mellores artistas galegos actuais, como Cristina Pato, Budiño, Luar Na Lubre ou Xabier Díaz, entre outros. Será precisamente Xabier Díaz quen o acompañe na terraza de Martín Códax, despois de participar na primeira edición do ciclo.

Sobre Pentalfa:
O escenario de Martín Códax acollerá cinco músicos dunha agrupación que nace como filla da mítica formación Luar na Lubre. Xan Cerqueiro nas frautas, Diego Barral á guitarra, Xabier Ferreiro ao caixón, Patxi Bermúdez ao tambor e Bieito Romero coa gaita galega e a zanfoña cativarán o público nunha festa para os sentidos.

Sobre Narf:

Recoñecido recentemente nos Premios Galegos dá Música Martín Códax como mellor intérprete na categoría de Rock e Blues, Fran Pérez Narf chega aos Xoves de Códax cun espectáculo no que recolle as mellores cancións dos seus últimos traballos discográficos e tamén temas inéditos nacidos da intensa relación deste músico viaxeiro con artistas de países do ámbito da Lusofonía, especialmente Mozambique e Guinea Bissau.

Sobre Iria Peña Trío. Flamenco:
Iria Peña, cantante de flamenco flamenca e galega, coñecedora dos cantes máis ortodoxos e intérprete ecléctica e reclamada polo cine e o público estará acompañada por outros dous grandes deste xénero: Isaías Salazar, bailador flamenco galego nacido en Ferrol e Miguel Flores, tocaor gaditano implicado en múltiples proxectos con músicos galegos.

Sobre Santiago Auserón e Ses:

Ses repite na terraza de Martín Códax onde xa presentou os seus dous álbums, Admirando a Condición e Co xenio destrozado. Agora volve acompañada do seu padriño, o brillante e arrebatador Santiago Auserón, que foi o primeiro en ver nela a artista revelación da escena galega que todos coñecemos hoxe en día.

Ambos os dous presentarán un espectáculo concibido en exclusiva para a adega que será todo un luxo que brindan estes dous animais escénicos ao público asistente.

Sobre Caxade:
Nun só mes esgotaron o seu aclamadísimo e exitoso disco debut A danza das Moscas, un elegante traballo de folk-pop independente. Alonso Caxade, Manu Paino, Manu Espinho e Xosé Tunhas mostrarán ao público da terraza un traballo con letras transgresoras ligadas á realidade cotiá e á situación actual.

Sobre The Lákazans:
A banda formada por Fran Velo, Sir Richard Drummez “Lical”, Fran”Trilli”, Benxamín Vázquez, Ramón Figueira “Figui”, Almudena Gómez e Sabela Rey, achegan a Martín Códax unha reinvención do repertorio de blues máis clásicos recollendo temas de artistas como Howlin Wolf ou Aretha Franklin; temas de country de Johnny Cash e grandes clásicos do rock and roll como Elvis Presley ou os Rolling Stones.

Sobre Uxía, Antonio Zambujo e Sergio Tannus
Unha vez máis será Uxía a encargada de pechar Os Xoves de Códax na súa terceira edición. Contará en escena cunha dos seus compañeiros de viaxe, Sergio Tannus, á que se sumará un convidado de excepción: o fadista alentejano António Zambujo, aclamado e recoñecido polos críticos de todo o mundo e un artista propicio para desatar unha festa multicultural na que deixarnos alma e pel.

PARA ADQUIRIR AS ENTRADAS FACER CLICK AQUÍ

Presentamos a terceira edición de "Os Xoves de Códax", o circuíto de concertos que terá lugar na terraza-lounge da adega. A maridaxe entre o albariño e a música de artistas como Kepa Junquera y Xabier Díaz o Santiago Auserón y Ses, serán os protagonistas das postas de sol en Martín Códax.