Outono Códax Festival

04 de Setembro de 2013

  • A dama do rythm&blues, Barbara Lynn e o grupo neoiorquino The Chiffons regresaron a Europa para abrir e pechar respectivamente o festival galego de “música negra”
  • Osaka Monaurail, a banda xaponesa referente obrigado do funk actual, e os carismáticos Lefties Soul Connection con Michelle David e Blackberry´n Mr. Boo-Hoo, completaron un cartel de luxo do que tamén forman parte os explosivos The Big Jamboree e os mundialmente recoñecidos Earth Angels
  • The Limboos e Niño y Pistola, apostas galegas da III edición do festival

A III edición do Outono Códax Festival volveu a achegar a Galicia o mellor da denominada “música negra” a través dunha coidada selección que mestura os mellores sons do soul, o rythm&blues, o blues, o funk e o rock´n roll dos 60´s e dos nosos días.

O festival situou de novo a súa sede na emblemática Sala Capitol de Santiago e tivo un cartel de excepción no que, un ano máis e fiel ao seu espírito, formaron parte grandes lendas mundiais, bandas de referencia a nivel internacional e algúns dos grupos galegos de maior proxección.

Así, o Outono Códax abriu e pechou a súa III edición con dúas actuacións de excepción, únicas en España e que supoñen o regreso das súas protagonistas a Europa, logo de moitos anos sen actuar no vello continente: as que ofreceron a estrela do rythm&blues mundial, a “gran” Barbara Lynn, e as lendarias The Chiffons (un dos “girl groups” máis míticos dos 60´s), ambas números 1 nas principais listas de éxitos dos anos 60.

Xunto a elas completaron o cartel do Outono Códax 2013, tres das bandas máis carismáticas do actual panorama internacional: Osaka Monaurail; Lefties Soul Connection coa voz de Michelle David e Blackberry´n Mr Boo-Hoo, e dúas formacións da escena estatal recoñecidas a nivel mundial nos seus respectivos xéneros: The Big Jamboree e Earth Angels. De igual modo e reafirmando o seu compromiso coa música feita en Galicia, o festival contará nesta edición con dúas bandas galegas de referencia: The Limboos e Niño y Pistola.