Martín Códax Martín Códax recibe o premio Ejecutivos á Marca do Ano.

04 de Xullo de 2011

I Edición de los Premios Ejecutivos en Galicia

O pasado 23 de Xuño, Martín Códax recollía o Premio Ejecutivos á Marca do Ano, que lle outorgaba esta cabeceira económica na I Edición dos Premios Ejecutivos en Galicia. Un galardón que despois de 20 anos de vixencia é xa unha referencia no ámbito empresarial e económico de España e que supón para a adega un recoñecemento ao seu saber facer e esforzo para que o seu viño Martín Códax sexa unha marca recoñecida tanto a nivel nacional como internacional.
O premio recollíao Juan Vázquez Gancedo, director de Bodegas Martín Códax nun acto que tiña lugar no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.