“Quem vê corações”

15 de Abril de 2013

Bodegas Martín Códax

Inauguramos a mostra de fotografía "Quem corações" da artista portugues Isabel Leal.

Permanecerá nas nosas instalacións ata o mes de xuño.

Nas imaxes, algún momento da inauguración na que ademais da autora estiveron presentes Uxía, Carlos Blanco, Dani, Xoán Curiel e Najla Shami, entre outros.

Todo comezou por diversión, compartindo imaxes e textos a través das redes sociais. Descubrir a forma de corazón no mundo que nos rodea converteuse nunha moda á que, pouco a pouco, se sumaron innumerables persoas.

Así nace a mostra Quem corações que reúne un conxunto de fotografías sobre o que tal vez sexa o símbolo máis universal: o corazón. Revelalo en diferentes contextos a través da fotografía e da palabra, foi o desafío que Isabel Leal, a autora, se propuxo hai máis de 2 anos, cando empezou este proxecto.

O que en principio se formulaba como unha exposición, superou as barreiras da propia fotografía. Amigos e amigas artistas de Galicia, Portugal e Brasil quixeron compartir a súa visión dos corazóns. Nese momento “CoraSons” transformouse nun proxecto multidisciplinar no que a música e a literatura se fusionaron coa fotografía

Agora esas imaxes reúnense nun libro Quem Coraçõesque, xunto cos textos de Isabel leal e das persoas que colaboraron reflexa os múltiples aspectos da vida. As fotografías dos corazóns gardan momentos e historias únicas, atravesadas por herdanzas persoais intensas, pero tamén pola presenza constante doutros.

Ata o próximo mes de xuño poderás gozar desta singular exposición nas instalacións de Bodegas Martín Códax.