Denominación de Origen

O Chan

O Chan

Na D.O Rías Baixas, a maioría dos viñedos atópanse a pouca distancia do mar, polo que son terreos baixos e pouco profundos que como máximo chegan aos 300 metros sobre o nivel do mar. Esta ubicación provoca que os chans se caractericen por ser principalmente areentos  e minerais, especialmente graníticos e ácidos o que lle confire toques de salinidade aos viños.

O Chan

A Uva Albariña

A uva albariña é a uva protagonista da D.O Rías Baixas e unha das máis importantes e coñecidas de Galicia. Os seus acios e froitos son pequenos, non superando os 125 gramos de peso e realizan unha maduración temperá. Trátase dunha uva doce e glicérica, cun alto nivel de azucre e acidez que lle confire unha gran frescura aos viños. Cultivada tradicionalmente en emparrado, é un dos símbolos de Galicia por excelencia.

Nembargantes, a D.O conta tamén con outras variedades, tanto brancas como tintas. Entres as brancas, cabe destacar a variedade treixadura, caíño branco e loureira.

 

O Chan

O Clima

O clima da D.O Rías Baixas é de influencia atlántica con temperaturas suaves e elevadas precipitacións que diminúen abondo na época estival. A temperatura media durante o inverno ronda os 10ºC e apenas existe unha pequena diferenza entre o día e a noite. Pola súa banda, as precipitacións están ao redor dos 1200 ml. de media ao ano.