26 de xullo

Uxía Senlle e Depedro

Uxía Senlle e Depedro

Uxía Senlle é unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros.

Desde a súa estrea con Foliada de marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro de diferentes culturas, e creou o seu repertorio a través das suas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bisáu.

Publicou 13 discos, polos que recibiu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Cultura Galega 2017, o Premio Martín Códax 2018 na categoría de Música de autor, o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o de Mellor álbum en galego nos Premios MIN 2018 polo seu último disco, UXIA-O (2017). 

Depedro é o proxecto musical de Jairo Zavala, iniciado en 2008 co disco Depedro, gravado coa banda estadounidense Calexico en Tucson (Arizona), colaboración que continúa a estar presente en todos os discos ata agora e faise mutua ao ser o guitarrista da banda.

Desde ese momento ata hoxe o proxecto transfronteirizo Depedro envorcou influenzas musicais, estéticas e culturais de Latinoamérica, África, o Mediterráneo ou Estados Unidos nunha carreira musical que acada xa catro discos (Depedro, Nubes de papel, La increíble historia de un hombre bueno, e El Pasajero), varios Eps e singles.

NOTA: Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade aos concertos.

NOTA: A taquilla dónase a diferentes ONGs.

Esgotado

Entrada

15,00 €