I+D+i
I+D+i
En Bodegas Martín Códax apostamos pola investigación e o desenvolvemento levando a cabo diferentes proxectos en Pé Redondo, o noso viñedo experimental. Con eles búscase profundizar no coñecemento da uva albariña e mellorar a calidade dos nosos produtos.
2003
Esta investigación pretende coñecer como responde a variedade do albariño fronte a portaenxertos de vigor medio baixo que permite estudar como afecta o uso destes novos portaenxertos aos ciclos de cultivo, á producción e á calidade. Esta investigación tamén se leva a cabo en colaboración coa Universidade Politécnia de Madrid.
2003

Contanto con D. José Ramón Lisarrague como investigador principal e en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid, o obxectivo deste estudo é o de investigar novas formas de condución de viñedos e o comportamento das vides con cada un deles tendo en conta a calidade e cantidade da colleita e a contía dos custos en cada caso particular.
2010-2011
Participan neste, Bodegas Martín Códax xunto con outras dúas cooperativas arousanas. O proxecto consiste na implantación dunha rede de sensores na bisbarra do Salnés para obter datos meteorolóxicos que permitan dar información sobre o estado das pragas.
A información obtida servirá como ferramenta para reducir o uso de tratamentos e produtos químicos na produción de viños. O obxectivo principal é crear un sistema de xestión ambiental que contribúa ao desenvolvemento sostible na actividade vitivinícola a través das seguintes liñas de traballo:
Protección da biodiversidade
Redución de emisións de carbono
Explotación sostible
2008-2011
Uso de diferentes sistemas de condución
Uso de diferentes patróns
Diferentes estratexias no uso do auga para mitigar o efecto do cambio climático
Diferentes estratexias de cultivo orientadas ao manexo do viñedo

2006-2009
Colaboran a Universidade Politécnica de Madrid, a Universidade de Vigo e Misión Biolóxica de Galicia.














