JAN
31

Dous alicantinos e un barcelonés, ganadores de 1000Caminos

A web recibiu na súa segunda edición máis de 120.000 visitas.

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu o pasado luns, 30 de xaneiro, a entrega de premios do concurso literario e fotográfico "1.000 Caminos", convocado por Martín Códax e que este ano alcanzou a súa segunda edición.
Os premios, nos seus respectivos apartados, recaeron en:
- Mellor fotografía: "Sombras", de Roberto Sánchez Milán, residente en Alicante, que concursou baixo o pseudónimo de Me o Sánchez. Correspóndelle unha viaxe a Francia, concretamente a París e La Borgoña.
- Mellor guía secreta: "O Acivro", de Paulina Paus Canellas. Correspóndelle unha viaxe a Italia (Venecia e La Toscana). Paus Cañadas tamén reside na provincia de Alicante, concretamente en Santa Pola.
- Mellor relato literario: "Mil camiños, unha historia", de Josep Puigtió Ruiz, residente en Sant Celoni (Barcelona). O premio consiste en viaxe a Frankfurt e o Mosel, en Alemaña.
Cada viaxe inclúe unha estanza de 3 días nunha cidade e outros 3 días nunha zona vitivinícola con visita a unha adega.
O xurado calificador do concurso, ao que se presentaron 1.092 traballos, integrárono Francisco López, entón director Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, da Xunta de Galicia, como presidente; José Martínez Chantada, Presidente de Adegas Martín Códax que exerceu de secretario; e Kake Regueira (fotógrafo profesional), Antón Pombo (escritor e autor de varias guías sobre o Camiño de Santiago) e Ubaldo Rueda, como vogais.
O concurso "1.000 Caminos" repartiu outros 81 premios elixidos a través da votación abertas na web 1000caminos.com, na que se rexistraron 120.052 visitas, máis do dobre que o pasado ano.
Bodegas Martín Códax prepara xa a terceira edición deste concurso co obxectivo de consolidalo definitivamente como lugar de encontro de peregrinos e amantes do Camiño de Santiago.