Anxo Martín
Anxo Martín

Anxo Martín

“O mellor xeito de librarse da tentación é caer nela”

Máis detalles

Caixa de 6 botellas. Colleita 2015

45,00 €

Dispoñible

Anxo Martín é froito da combinación, da mestura. Isto é o que o fai único e peculiar. Nace entre río e océano, entre montes e vales. De carácter axitador, faranos gozas das inesperadas arestas da súa personalidade. Anxo Martín sorprende dende a intensidade.

Notas de cata

Fase Visual

Limpo, brillante. Cor pallosa con tons amarelos limón.

Fase Olfativa

Intensidade alta en nariz, destacando sobre todo notas florais (tipo mimosa), de herbas aromáticas e citricas tipo pel de limón. Presenta un fondo de froita tropical madura coma froita da paixón, etc.

Fase Gustativa

En boca é fresco, cunha acidez punzante pero ben integrada. Final amargo.

Análise químico

  • Acidez total: 6.2 g/l
  • Acidez volátil: 0.25 g/l
  • Azúcar residual: 2.5 g/l

Ficha técnica

  • D.O.: Rias Baixas
  • Tipo de viño: Branco
  • Variedade: 85% Albariño, 10% Caíño blanco, 5% Loureiro
  • Fermentación: depósitos de aceiro inoxidable con control de temperatura
  • Gastronomía: Mariscos, peixes, queso fresco CONTÉN SULFITOS
  • Temperatura de servicio: 10-12ºC
  • Gradación alcólica: 13%