Personaliza a túa propia caixa con 6 botellas e consegue un regalo

Personaliza a túa propia caixa con 6 botellas e consegue un regalo

Escolle as botellas para a túa caixa

Producto
Cantidade
Bodegas Martín Códax, D.O. Rías Baixas
Martín Códax
Burgáns
Marieta
Lías
Organistrum
Gallaecia
Aguardiente blanco
Licor de herbas
Licor Café
Alba Martín
Anxo Martín
Martín Códax Vindel
Martín Códax Espumoso
Cuatro pasos
Cuatro pasos black
Cuatro pasos
Cuatro pasos rosado
Pizarras de Otero
Martín Sarmiento
Alma atlántica
Alma atlántica Albariño
Alma atlántica Mencía
Alma Atlántica Sangría
Terras do Cigarrón
Mara Martín
Mara Moura
Terras do Cigarrón
Mara Moura Rosado
Caixa personalizada
Total por caixa
0.00 €
Total
0.00 €
Organistrum
Organistrum

Organistrum

Organistrum é o único dos nosos albariños que se elabora parcialmente en barrica. Introdúcese catro meses en barricas de carballo francés allier. No primeiro mes e medio aplícaselle batonage e despois consérvase oito meses en depósitos de aceiro.

Máis detalles

Caixa de 6 botellas. Colleita 2015

102,00 €

Dispoñible

Elaborado cunha selección de uvas que proceden de parcelas orientadas ao sureste, o albariño Organistrum chámase como este peculiar instrumento que require de dúas persoas para ser tocado. Na actualidade, só existen dous exemplares e un deles é usado polo Grupo de Música Antiga Martín Códax nas súas actuacións. Grazas ao Mestre Mateo que o esculpiu no Pórtico da Gloria antes da súa desaparición, Bodegas Martín Códax puido recuperalo.

Notas de cata

Fase Visual

Amarelo palloso intenso con irisacións douradas. Limpo e moi brillante. Mostra certa untuosidade en copa, con lagrimexo denso e fluido que permiten descubrir o seu carácter glicérico.

Fase Olfativa

Nariz de intensidade media con aromas complexos onde se percibe unha carga froital importante xunto a un fondo lixeiramente tostado. Sutil, onde a froita fresca coas notas de vexetal húmido predominan envolvendo matices dunha madeira moi limpa.

Fase Gustativa

Impresiona a súa elegancia en boca. amplo na entrada, moi ben sostido polos tostados e a froita na evolución, acidez integrada que non resalta para resultar bastante sabroso e amplo en matices.

Ficha técnica

  • D.O.: Rias Baixas
  • Tipo de viño: Branco
  • Variedade: 100% Albariño
  • Rendemento: 50 hl/ha
  • Fermentación: Fermentación en barrica de carballo Francés tipo Allier
  • Crianza: 3-4 meses en barricas de 300, 400 y 500 l
  • Gastronomía: Marisco, aves e arroz, peixes grasos e postres CONTÉN SULFITOS.
  • Temperatura de servicio: 12 -14 ºC
  • Gradación alcólica: 12.5%

Prezos

  • Gran ouro en Civas 2016.
  • Medalla de ouro na Guía de Destilados, Viños e Bodegas de Galicia.
  • Medalla de prata en Decanter 2015
  • .91 puntos na Guía Peñín
  • 92 puntos na Guía ABC.
  • 93 puntos na Guía Gourmets.