Martín Códax lanza “Os Plans de Códax” da man de Carlos Crespo

16 de abril de 2021

Bodegas Martín Códax continúa coa súa firme aposta pola promoción cultural de Galicia.

Bodegas Martín Códax continúa coa súa firme aposta pola promoción cultural de Galicia.

Dende este venres 16 de abril, cada semana  ofrecerá un podcast con información sobre os principais eventos musicais e escénicos que terán lugar en Galicia durante esa fin de semana, así coma a promoción dunha novidade discográfica galega.

Tedes os nosos podcast dispoñibles aquí!

Nesta ocasión, tendo en conta o complicado e complexo da situación que están a vivir todos os axentes que forman parte do mundo da cultura, decide lanzar un novo proxecto “Os Plans de Códax”,  no que intentará difundir e promover tanto as actividades musicais como no ámbito das artes escénicas que van a acontecer, así coma promocionar os novos proxectos dos artistas galegos.

O obxectivo desta axenda é convirtirse no referente semanal da actividade cultural que terá lugar cada semana, dende unha perspectiva orixinal e persoal: a de Carlos Crespo.

Carlos Crespo, xornalista musical con máis de 25 anos de traxectoria no ámbito da cultura, responsable da axenda cultural de Radio Nacional de España ata decembro de 2020,  é o director e alma do proxecto, e con el faremos esta viaxe semanal por Galicia.

O formato empregado será un podcast semanal de entre 5 e 10 minutos que se difundirá cada venres  a través das redes sociais de Bodegas Martín Códax e que estará aloxado nas principais plataformas podcast: Spreaker, Ivoox e Spotity. Deste xeito poderá ser disfrutado cando se desexe.

Portada_Podcast_osplansdecodax

Os plans de codax_facebook

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principales en Bodegas Martín Códax
  • codax
    35 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • alicia bará
    1 comentario
  • Anabel
    1 comentario