Participan EVEGA, UCLM, Laboratorios Excell Ibérica e Lev 2050. Financiado parcialmente cos Fondos Europeos FEADER.
O obxecto do estudo foi a revelación dos aromas varietais do albariño para aumentar ese carácter que identifica e fai únicos aos nosos viños. O método empregado foi a selección de parcelas representativas vendimadas en diferentes períodos. Un total de 42 microvinificacións de 150 litros foron analizadas, o que permitiu determinar un método de maceración co que revelar unha maior cantidade de precursores aromáticos e saber como afecta ao estado de maduración da uva.