Investigación das diferenzas da uva albariño cultivada en tres subzonas de Rías Baixas: O Condado, O Rosal e o Val do Salnés
Para o estudo elixíronse tres parcelas experimentais e representativas de cada subzona. Os ensaios non só permitiron contrastar as diferenzas xeográficas e de orografía senón tamén as climáticas. O resultado foron viños cun perfil común pero, á súa vez, con diferenzas moi evidentes que mostran a riqueza dos viños Rías Baixas, fieles ao seu terroir. O estudo destacou ademáis o potencial de cada subzona que xustifica a aplicación de prácticas vitícolas e itinerarios enolóxicos adecuados para ensalzar estas diferenzas sensoriais.