inntergaleno

INNTERGALENO

“Mellora do Potencial Vitivinícola de Variedades Galegas. Optimización Agronómica e Efecto do Microclima na Incidencia de Enfermidades Fúnxicas”.

Inntergaleno,  un dos proxectos máis transcendentais para a viticultura e a enoloxía galegas dos últimos anos, contou co financiamento de máis de 3 M€, dos que 1,6M€ foron achegados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) adscrito ao Ministerio de Economía e Competitividade.

A iniciativa partiu da Plataforma Tecnolóxica do Viño coa participación dun consorcio de empresas creado en 2012 no que se agruparon ata seis bodegas de catro denominacións de orixe galegas.

O proxecto centrouse en dar valor a variedades galegas autóctonas, elaborando novos tipos de viño que expresasen o potencial de uvas como a castañal, as caíños tinta e branca, albariño, loureiro, treixadura, mencía ou merenzao.

O estudo tamén se centrou en optimizar os procesos de produción para levar a cabo unha viticultura respectuosa co entorno, ademáis de aforrar custes de elaboración.