retmavid

RETMAVID

Aplicación de novas tecnoloxías para a monitorización e prolongación do tempo de produción do viñedo e o desenvolvemento de novos produtos e estratexias para o manexo integral de enfermidades de madeira de vide

O obxectivo de Retmavid é minimizar a incidencia de enfermidades de madeira de vig e prolongar o tempo de produción do viñedo, mediante novas tecnoloxías e produtos.

Trátase dun proxecto que reúne tamén a outras dúas grandes bodegas nacionais e a diversos centros tecnolóxicos. Conta cun orzamento próximo ao millón de euros para a súa execución, para o que recibiu unha axuda do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO) de case 732.000 € no marco da convocatoria Retos Colaboración 2015 do Programa Estatal de I+D+i orientado aos retos da Sociedade.