vinas_atlanticas

VIÑAS ATLÁNTICAS

Viñas Atlánticas: Proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra

Participaron no mesmo, Bodegas Martín Códax xunto con outras dúas cooperativas arousás. O proxecto consistiu na implantación dunha rede de sensores na comarca do Salnés para obter datos meteorolóxicos que permiten dar información sobre o estado das pragas.

A información obtida serve como ferramenta para reducir o uso de tratamentos e produtos químicos na produción de viños. O obxectivo principal foi crear un sistema de xestión medioambiental que contribúe ao desenvolvemento sostible na actividade vitivinícola a través das seguintes liñas de traballo:

  • Protección da biodiversidade
  • Redución de emisións de carbono
  • Explotación sostible