O deseño da etiqueta, realizado polo pintor galego Paco Díaz, fai parte da homenaxe ao intelectual galego “ENSAMBLEISAAC”. O noso Martín Códax, é xa unha homenaxe e referente á cultura e á música galega pero nesta ocasión, rende tributo ao intelectual galego, ceramista e pintor Isaac Díaz Pardo. Cambia a súa imaxe habitual e en lugar do fragmento do famoso pergamiño Vindel que adorna o seu frontal, cede o protagonismo ao retrato do pintor e retratista galego Paco Diaz.
Bodegas Martín Códax celebra o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo co lanzamento dunha edición especial
20 de Xullo de 2020
Bodegas Martín Códax celebra o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo co lanzamento dunha edición especial
Bodegas Martín Códax celebra o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo co lanzamento dunha edición especial
Unha obra moi especial que forma parte dunha homenaxe ao intelectual por parte de grandes nomes da cerámica, pintura e escritura galegos como Víctor Freixanes, Ramón Villares, Fina Casalderrey, Siro López, Antía Otero ou Claudio Rodriguez.
Desde a Adega Martín Códax na nosa continua aposta pola cultura galega habemos contribuído a esta homenaxe cunha edición especial a Isaac Diaz Pardo, creada polo pintor galego Paco Diaz.
“ENSAMBLEISAAC” viu a luz o pasado 18 de xullo no Museo do Castelo de Santa Cruz, Oleiros, que albergará a exposición permanente da homenaxe a Diaz Pardo.
Esta edición limitada poderá adquirirse en diversos puntos de Galicia, ou na tenda online de Adegas Martín Códax, a través da súa páxina web: www.martincodax.com.