Coidar o chan para coidar o viñedo: xornada de viticultura regenerativa

04 de Febreiro de 2026

Nesta xornada técnica compartimos coñecementos e experiencias para avanzar cara a unha viticultura máis regenerativa, sostible e respectuosa co noso territorio.

Nesta xornada técnica compartimos coñecementos e experiencias para avanzar cara a unha viticultura máis regenerativa, sostible e respectuosa co noso territorio.

_DSF7043-EDITED

En Bodegas Martín Códax cremos que o futuro do viñedo comeza baixo os nosos pés. Por iso, onte organizamos unha charla técnica dirixida aos nosos socios centrada na importancia da saúde do solo como base dunha viticultura sostible, equilibrada e de calidade.

Baixo o título “Como rexenerar o solo para mellorar a produción, sanidade e calidade dos nosos viñedos”, compartimos unha xornada de aprendizaxe e reflexión na que participaron numerosos viticultores da cooperativa, interesados en profundar en prácticas que nos axuden a coidar mellor os nosos viñedos desde a orixe.

Para elo contamos coa participación de Vitaveris, entidade especializada en bionutrición e saúde do solo, e con Jairo Restrepo, referente internacional en agroecoloxía e divulgador da agricultura rexenerativa. Ao longo da sesión, Jairo convidounos a entender o solo como un organismo vivo, destacando a importancia de fortalecelo e respectalo para conseguir viñedos máis sans, produtivos e resilientes.

Durante o encontro profundizamos en distintas estratexias para “despertar” o solo: como estimular a súa vida biolóxica, mellorar a súa estrutura, favorecer o aproveitamento dos nutrientes e reforzar a resistencia natural da vide. Todo iso desde un enfoque práctico e próximo, pensado para aplicar no día a día do viñedo.

Tamén reflexionamos sobre como un solo ben coidado pode recuperar a súa vitalidade co tempo, contribuíndo de forma directa a unha maior calidade da uva e a unha viticultura máis respectuosa co contorno.

Este tipo de encontros forman parte do noso compromiso coa formación continua, o acompañamento técnico e a transferencia de coñecemento aos nosos socios. Cremos firmemente que avanzar cara a un modelo de viticultura rexenerativa é unha responsabilidade compartida e unha aposta clara polo futuro do noso territorio e dos nosos viños.

_DSF7017-CROP

_DSF7030-EDITED

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario