En Bodegas Martín Códax apostamos pola innovación e a sustentabilidade a través do proxecto GRAPERTE

27 de Maio de 2025

Unha iniciativa colectiva para transformar o sector do viño mediante dixitalización, sustentabilidade e innovación tecnolóxica.

Unha iniciativa colectiva para transformar o sector do viño mediante dixitalización, sustentabilidade e innovación tecnolóxica.

GRAPERTE

O sector vitivinícola está a dar un paso adiante cara á dixitalización e a sustentabilidade grazas a GRAPERTE, o proxecto tractor do viño impulsado pola Federación Española do Viño (FEV), A Digitalizadora Agraria, Innsomnia, Agrobank e a consultora Deloitte. Enmarcado no PERTE Agroalimentario e os fondos Next Generation da Unión Europea, este plan busca transformar a cadea de valor do viño mediante a aplicación de tecnoloxías innovadoras.

GRAPERTE estrutúrase ao redor de tres eixos fundamentais: competitividade, sustentabilidade e rastrexabilidade, e articúlase en dez proxectos primarios orientados a ámbitos como a dixitalización do sector, a implementación de blockchain e intelixencia artificial, a mellora da ciberseguridade, a reutilización de emisións, a revalorización de residuos e a investigación de novos materiais para a optimización da cortiza.

Bodegas Martín Códax, comprometida coa excelencia na elaboración de viños, participa activamente en tres destes proxectos primarios:

  • O desenvolvemento dun sistema integral de dixitalización de toda a cadea de valor mediante a implementación de novas tecnoloxías.
  • O estudo do nivel de risco microbiológico en función de parámetros bioquímicos, para desenvolver algoritmos e sistemas de rastrexabilidade que detecten alteracións nos viños terminados.
  • A investigación de tecnoloxías disruptivas baseadas en blockchain e intelixencia artificial para trazar a “viaxe do viño” desde o viñedo ata o consumidor.

O consorcio GRAPERTE está formado por 19 empresas pertencentes a 15 grupos empresariais, entre os que se atopan referentes do sector como Grupo Raventós Codorníu, Osborne, Familia Torres, González Byass, Adegas Familiares Matarromera, Terras Gauda ou Viña Costeira, ademais de Bodegas Martín Códax, entre outros. O impacto deste proxecto esténdese por sete comunidades autónomas: Galicia, A Rioxa, Castela e León, Andalucía, Cataluña, País Vasco e Aragón.

O feito de que GRAPERTE sexa un dos poucos proxectos presentados de forma colectiva ao PERTE Agroalimentario evidencia o forte compromiso do sector coa innovación, a sustentabilidade e a colaboración empresarial.

Para Bodegas Martín Códax, GRAPERTE representa unha oportunidade para seguir apostando por un modelo que une tradición e vangarda, avanzando cara a un futuro máis eficiente, transparente e respectuoso co medio ambiente.

Más información sobre este proxecto aquí.

282A1371

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>