Do 11 ao 17 de xuño participamos, xunto a outras empresas galegas do sector agroalimentario, na viaxe institucional da Xunta de Galicia a China, co obxetivo de reforzar as ventas e a presenza dos nosos viños nun dos mercados máis importantes do mundo.
María Garrido, directora dos departamentos de Comercial e Marketing foi a responsable de representar á Bodega na misión comercial encabezada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Industria, Francisco Conde.
Durante a semana participamos en diferentes reunións e presentacións de cara a entender mellor o funcionamento do mercado chino, o seu marco regulatorio e perspectivas económicas, entrevistándonos cos importadores máis importantes.
Das reunións mantidas en Beijing e Shanghai, destacamos a participación na inauguración do evento Gastronómico de Galicia – Extravaganza xunto ao presidente da Xunta de Galicia, o cónsul de España en Shanghai e importantes cargos do departamento de Promoción Comercial da municipalidade.
Para esta viaxe contamos coas axudas do Igape e da Xunta de Galicia, coofinanciadas polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020, otorgados pola Unión Europea.
Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017. Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional, Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Como apoio ao proceso de internacionalización, Bodegas Martín Códax, ten una axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do IGAPE para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un texido empresarial máis competitivo. Una maneira de facer Europa”.
O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pyme galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base das empresas exportadoras e consolidar a presencia de empresas galegas nos mercados internacionais .