Escumoso Martín Códax 85: a expresión máis complexa e sofisticada do albariño

05 de Setembro de 2025

85 meses de crianza para dar vida a un Brut Nature exclusivo que cativa os sentidos.

85 meses de crianza para dar vida a un Brut Nature exclusivo que cativa os sentidos.

DSC01102

Presentámosvos unha elaboración moi especial: 85 meses de crianza que dan vida a unha obra mestra: Escumoso Martín Códax 85, un Brut Nature de edición limitada que reflicte como poucos a esencia do Val do Salnés e a mestría do tempo na creación de grandes viños.

85 meses de crianza, unha obra de paciencia

Este espumoso excepcional permaneceu 85 meses en rima, acadando unha profundidade e complexidade únicas. A súa burbulla fina e delicada, formada de maneira natural ao longo dos anos, é a proba da súa elegancia e sofisticación.

O resultado é un viño de colección que cautiva os sentidos: cada grolo desprega unha sinfonía de matices na que o carácter atlántico do albariño se funde coa serenidade que só achega o tempo.

Unha experiencia deseñada para padais esixentes

Máis que un viño, o Escumoso Martín Códax 85 é unha experiencia sensorial. A súa elaboración artesanal mediante o método tradicional e a súa prolongada crianza convérteno nunha expresión única do albariño, concibida para sorprender e emocionar nos momentos máis especiais.

Como explica o noso director, Juan Vázquez Gancedo: “Cada botella encerra a alma do Val do Salnés e a paciencia dun proceso que respecta o tempo como un aliado imprescindible para a creación de grandes viños”.

O albariño na súa máxima expresión

O noso Escumoso Martín Códax 85 nace do respecto pola terra e dunha dedicación minuciosa á uva que nos identifica. É a proba de ata onde pode chegar o albariño cando se combina a tradición coa innovación, o carácter atlántico coa sofisticación do tempo.

Un espumoso irrepetible, pensado para quen busca descubrir a cara máis complexa e refinada do albariño.

DSC01337

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario