Desde Bodegas Martín Códax reafirmamos o noso compromiso coa gastronomía galega e co talento emerxente a través dunha nova iniciativa que traslada a Santiago de Compostela o espírito de nosas xa consolidadas Tardes do Atlántico, celebradas na terraza da adega. Con esta proposta, buscamos achegar ao corazón da cidade novas miradas culinarias que, desde distintos recunchos de Galicia, están a contribuír a renovar o panorama gastronómico actual. Catro cociñeiros, catro estilos e unha mesma filosofía: cociñar Galicia desde o respecto ao produto, a creatividade e o vínculo co territorio.
Unha iniciativa desenfadada e participativa, co albariño como co-protagonista, que quere poñer en diálogo as diferentes elaboracións da adega coa mirada persoal dalgúns dos cociñeiros que están a redefinir hoxe a cociña galega desde distintos puntos do mapa. Unha cociña comprometida co produto, coa contorna e cunha forma de entender Galicia que tamén está presente en cada copa de Martín Códax.
Unha cita con sabor a Galicia
As Tardes de Códax non só marida viño e cociña, senón tamén territorio, talento e unha forma de sentir. Cada sesión será unha invitación a redescubrir Galicia a través dos seus produtos, os seus cociñeiros e o seu albariño máis representativo. Porque cando se cociña con alma, cada prato conta unha historia.
A cita será todos os xoves de xuño, de 20:00 a 22:00 h, na Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Para asistir a cada un dos eventos será necesario adquirir a entrada na páxina web de Ticketrona á cal se pode acceder a través da nosa web (www.tienda.martincodax.com). Estas entradas poñeranse á venda este xoves 29 de maio ás 12:00 h.
A entrada terá un prezo de 30 € sendo o aforo limitado ao espazo no que se celebra o evento. Cada xornada incluirá un showcooking en directo, degustación e maridaxe cunha selección especial de viños da adega.
5 XUÑO – Nel Parada | Restaurante Nordestada (Porto do Son)
Desde o seu restaurante fronte ao mar, Nel Parada fixo de Nordestada un referente da costa atlántica. A súa cociña fresca, de mercado e sen artificios foi recoñecida cun Solete Repsol. Un estilo que reivindica Galicia desde a temporalidade, o sabor e a autenticidade.
12 XUÑO – Pablo Liste | Restaurante Albanta (Vilaboa, Pontevedra)
Albanta é o soño gastronómico de Pablo Liste, a nova sensación da cociña á brasa en Galicia. Técnica, produto e emoción combínanse nun espazo onde a liberdade creativa é a norma. Albanta é distinto, como a súa cociña.
19 XUÑO – Rocío Martínez & Rubén García | Restaurante Pementa Rosa (Carballo, A Coruña)
Pementa Rosa é un pequeno gran restaurante no centro de Carballo, recomendado pola Guía Michelin, que ofrece unha cociña estacional, delicada e coidada. A chef Rocío Martínez lidera a cociña mentres Rubén García deseña maridaxes a medida en sala. Unha experiencia personalizada que une técnica, mimo e proximidade.
26 XUÑO – Tira do Praia I Luis Borda (A Coruña)
Desde a súa localización privilexiada fronte ao mar, Tira do Praia rende homenaxe ao produto mariño galego a través da brasa. Robalizas de Riazor, douradas e cortes de vacún son tratados con precisión e respecto nun espazo que evolucionou desde o mítico Praia Club ata converterse nun referente atlántico.