Volven “As Tardes do Atlántico” á nosa terraza: gastronomía, territorio e albariño

19 de Xuño de 2025

Presentamos unha nova edición do noso ciclo gastronómico máis emblemático, reafirmando o noso compromiso coa gastronomía, o territorio e o talento emerxente.

Presentamos unha nova edición do noso ciclo gastronómico máis emblemático, reafirmando o noso compromiso coa gastronomía, o territorio e o talento emerxente.

AS_TARDES_COCINEROS_WEB_600x600

Este verán, as tardes fronte á ría de Arousa volven ter sabor a mar, a terra e a creatividade. Presentamos unha nova edición de As Tardes do Atlántico, o noso ciclo gastronómico máis singular e desenfadado, onde o viño e a cociña galega contemporánea danse a man nun entorno espectacular.

Gastronomía con raíces, viño con identidade

Cada mércores de xullo e agosto, a terraza de Martín Códax transfórmase nun espazo vivo para celebrar a cociña de proximidade, o talento novo e o compromiso co territorio. Unha cita xa imprescindible do verán galego, na que o produto local, os nosos albariños e a creatividade de cociñeiros e cociñeiras combínanse nunha experiencia única. Dende proxectos emerxentes que reivindican unha nova forma de facer, ata propostas xa consolidadas que seguen evolucionando cunha ollada innovadora pero sempre fiel á súa orixe.

Inspirada pola nova xeración de cociñeiros e cociñeiras que traballan dende a autenticidade e o arraigamento, esta proposta vai máis alá da harmonización: é unha homenaxe á nosa orixe, ás historias que hai detrás de cada prato, á paisaxe que se saborea e ás persoas que o fan posible, comprometidas co noso entorno e cunha maneira de entender a gastronomía dende o próximo, o identitario e o sostible.

Cociña de autor en cada solpor

Cada sesión é unha pequena viaxe sensorial, un diálogo entre mar e terra, entre tradición e innovación. Pratos deseñados en exclusiva para a ocasión, que se harmonizan cos distintos albariños das Bodegas Martín Códax: viños nacidos no corazón do Val do Salnés e cultivados co máximo respecto polo entorno. O resultado: maridaxes únicos que renden homenaxe ao produto galego e á súa capacidade de emocionar.

En cada xornada, o público terá a oportunidade non só de saborear pratos únicos, senón tamén de coñecer de preto os cociñeiros e cociñeiras que os asinan, compartir con eles o seu proceso creativo, a súa historia e o seu compromiso. Unha forma directa e vivencial de achegarse á alma da cociña galega contemporánea, de descubrir novos referentes e de saborear Galicia con todos os sentidos.

Programa 2025: Nove cociñas, nove miradas

2 de xullo – Nordestada / Nel Parada

9 de xullo – Terreo / Ana Siñeriz e Quique Vázquez

16 de xullo – Trasmallo / Antonio Novas

23 de xullo – Arrueiro / Víctor Basante

30 de xullo – D’Leria / Alba Aguiar e Alexandre Falcón

6 de agosto – Os Maristas / Arón Álvarez

13 de agosto – Beldade / Inma López

20 de agosto – Albanta / Pablo Liste

27 de agosto – Mesón do Campo / Elisabet Castro e Manuel Fernández

As entradas poranse á venda cada mércores a partir do 25 de xuño ás 12:00h en www.ticketrona.com. As prazas son limitadas, así que non tardes en reservar a túa.

As tardes do Atlantico (2)

As tardes do Atlantico (8)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>