Volven as visitas ao noso viñedo de investigación Pé Redondo
27 de Marzo de 2026
Tras a fantástica acollida que tivemos o pasado outono, queremos compartir convosco que o noso centro enoturístico de Pé Redondo reabre as súas portas esta semana Santa, e non podemos esperar a recibirvos.
Tras a fantástica acollida que tivemos o pasado outono, queremos compartir convosco que o noso centro enoturístico de Pé Redondo reabre as súas portas esta semana Santa, e non podemos esperar a recibirvos.

A partir do 1 de abril, volveremos abrir este espazo pensado para que descubrades de cerca a nosa paisaxe, o viñedo e, sobre todo, a orixe dos nosos albariños. Pé Redondo é a nosa maneira de amosarvos como traballamos, como coidamos a nosa terra e como o traballo en equipo dá vida a cada unha das nosas botellas.
Descubrir o viñedo desde outra perspectiva
Situado nun entorno único nas Rías Baixas, Pé Redondo permítenos mostrar todo o que hai detrás das nosas elaboracións: a paisaxe, a tradición e a cultura que nos definen. Queremos que poidades sentir a terra baixo os vosos pés, contemplar a paisaxe que nos caracteriza e entender como cada detalle do entorno inflúe nos nosos albariños.
Unha experiencia que conecta co territorio
Con Pé Redondo, queremos que vos levedes moito máis que unha visita; queremos que vivades a paisaxe, que entendades a viticultura do Salnés e que coñezades ás persoas que forman parte do noso proxecto.
Disfrutaredes dunha experiencia única profundando en sistemas de condución, variedades que cultivamos e o noso compromiso coa sustentabilidade. A visita culmina cunha cata dos albariños nacidos nesta finca, acompañados de elaboracións coidadosamente deseñadas para realzar cada viño.
Agardámosvos para brindar xuntos pola primavera, pola nosa contorna e por todos os momentos que aínda nos quedan por compartir en Pé Redondo.
Máis información e reservas aquí.

Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario
