XII Edición de “Os Xoves de Códax”: cultura, viño e solidaridade no corazón do Salnés
25 de Xuño de 2025
Catro concertos exclusivos con artistas de referencia estatal e galega, que unen música, viño e compromiso social nun entorno único en Cambados.
Catro concertos exclusivos con artistas de referencia estatal e galega, que unen música, viño e compromiso social nun entorno único en Cambados.

A terraza da nosa adega volve converterse nun escenario único para gozar do verán cunha nova edición de Os Xoves de Códax, o ciclo de concertos solidarios que, desde hai máis de doce anos, une música en directo, cultura e compromiso con Galicia, co solpor sobre a Ría de Arousa como pano de fondo.
Este 2025, as citas serán os días 17 e 31 de xullo, e 7 e 14 de agosto ás 20:30 h, cun cartel que aposta pola emoción, a calidade artística e a conexión co público. Catro xoves para brindar con albariño, emocionarse coa música e apoiar proxectos sociais galegos: porque a recadación íntegra de cada concerto destínase a unha causa solidaria.
Catro noites, catro estilos, a mesma emoción
-
17 de xullo: Eladio y los Seres Queridos e Depedro abren o ciclo con sons introspectivos, raíces viaxeiras e moita sensibilidade.
-
31 de xullo: o flamenco toma a terraza con Israel Fernández, Diego del Morao, Moisés Fernández e máis artistas nunha descarga única.
-
7 de agosto: Valeria Castro e Guadi Galego enchen o solpor de beleza, identidade e emoción con dúas voces imprescindibles.
-
14 de agosto: La Bien Querida e Anxo Araújo pechan o cartel con pop electrónico, poesía e unha ollada ao que somos.
Música que deixa pegada
Desde a súa creación, Os Xoves de Códax leva recadados máis de 270.000 euros para proxectos sociais en Galicia. Unha iniciativa que demostra que a cultura non só entretén: tamén transforma.
“A música emociona, une e dá sentido. En Bodegas Martín Códax entendemos a cultura como un acto de responsabilidade, como unha ferramenta para construír unha sociedade mellor. Por iso, ‘Os Xoves de Códax’ son tamén unha maneira de devolver á comunidade todo o que nos dá”, explica Jorge Pallarés, director de marketing da adega.
Un ano máis, “Os Xoves de Códax” convida a vivir o verán con intensidade e propósito: catro xoves de boa música, viño e compromiso para celebrar o que nos une e aportar, entre todas e todos, un gran de área cara un futuro máis xusto, sostible e orgullosamente galego.
Entradas á venda a partir do 2 de xullo ás 12:00 h en ticketrona.com
Prezo: 30 € por concerto
Acceso restrinxido a maiores de idade
Lugar: Terraza de Bodegas Martín Códax, Cambados
Este verán, vén brindar polo que nos une. Música, viño e un propósito claro: construír xuntas e xuntos un futuro mellor.


Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario
