Bodegas Martín Códax naceu en 1985 grazas a un grupo de 50 viticultores que souberon ver o potencial da uva albariño e crearon un ambicioso proxecto colaborativo. Hoxe, aquel soño inicial converteuse nunha realidade que reúne a máis de 500 familias viticultoras, todas comprometidas coa calidade das nosas elaboracións e coa sustentabilidade.
A NOSA HISTORIA
Desde entón, a adega dedícase a elaborar viños que reflicten a esencia de Galicia, traballando tamén para apoiar e dar visibilidade á nosa cultura, consolidándose como un auténtico símbolo dos viños galegos. Unha cultura que se promociona en máis de 40 países de todo o mundo.
ORIXE
Bodegas Martín Códax atópase nas Rías Baixas, no corazón do Val do Salnés, na localidade de Cambados (Pontevedra). Esta rexión, situada na costa atlántica de Galicia, é coñecida polos seus climas moderados e solos graníticos, o que a converte nun terreo ideal para a viticultura.
O nome da adega rende homenaxe a Martín Códax, célebre trobador galego do século XIII, cuxa obra reflicte o vínculo profundo coa terra, o mar e a cultura galega.

O TERRUÑO
No Salnés, a maioría dos viñedos atópanse preto do mar, en terreos baixos e pouco profundos que non superan os 300 metros sobre o nivel do mar. Estes solos son maioritariamente areosos, minerais e graníticos, o que contribúe á singularidade dos viños da rexión. A proximidade ao mar achega unha sutil salinidade que se reflicte na frescura e complexidade dos viños, características distintivas desta zona vitivinícola.

UVA ALBARIÑO
A uva albariño é a protagonista da D.O. Rías Baixas, un símbolo de Galicia e unha das variedades máis versátiles de España. Este varietal autóctono adáptase perfectamente ao clima e aos solos da rexión, outorgándolle ao viño un estilo aromático fresco, afroitado e lixeiro.
Con notas florais e cítricas, a súa acidez equilibrada e estrutura permiten dende viños novos e vibrantes ata elaboracións máis complexas, reflectindo a frescura e vitalidade da terra galega.

O CLIMA
O clima da D.O. Rías Baixas está influenciado polas brisas atlánticas, que lle outorgan aos viñedos un carácter mineral e salino. Cun clima atlántico de temperaturas suaves e elevadas precipitacións, que diminuen no verán, a temperatura media no inverno ronda os 10 ºC, con pouca diferenza entre o día e a noite. As precipitacións anuais roldan os 1200 mm, creando un ambiente fresco e húmido ideal para o cultivo do albariño.
VIÑEDOS
Os viñedos caracterízanse polo minifundio, unha estrutura agrícola na que as parcelas de terra son pequenas e están dispersas. O sistema de condución máis característico da rexión é o emparrado, onde a viña se coloca a unha altura de aproximadamente 2 metros do chan, formando unha cuberta horizontal que permite unha mellor circulación do aire e protexe as uvas da humidade. Este sistema favorece a exposición óptima ao sol e ás brisas atlánticas, esenciais para a maduración da uva.


A VENDIMA
A vendima nas Rías Baixas é completamente manual, o que permite unha selección coidadosa das uvas no seu punto óptimo de madurez. En Bodegas Martín Códax, a sustentabilidade é unha máxima neste proceso, garantindo o respecto polo entorno e a calidade da uva para deixar un viñedo mellor ás seguintes xeracións. Recoñecemos o esforzo dos viticultores que traballan día a día con este compromiso, mantendo o equilibrio entre a produción e o respecto polo medio ambiente.
Máis alá do viñedo, a vendima é un momento de encontro e unión, onde familias e xeracións traballan xuntas cun mesmo propósito: preservar o legado da viticultura na rexión. Este espírito colaborativo asegura a continuidade dun viño de alta calidade e reforza a conexión coa terra, a paisaxe e as tradicións.
ELABORACIÓN
Durante os meses previos á vendima, o noso equipo de viticultura realiza un seguimento exhaustivo de cada parcela, con análises de uva e solo, e un sistema de teledetección mediante drons. Isto permítenos clasificar os viñedos e elaborar viños de parcela e singulares, aplicando métodos exclusivos para resaltar as súas características únicas. A combinación destas técnicas e da nosa experiencia no cultivo do albariño dá lugar a viños de alta calidade. Estas elaboracións demostran a versatilidade dos viños brancos e a súa capacidade de garda, destacando a singularidade e excelencia do albariño.

