En Bodegas Martín Códax entendemos a sustentabilidade como un camiño de mellora continua que compartimos cos nosos socios, traballadores e contorna. Traballamos cada día para reducir o noso impacto, coidar os recursos naturais e contribuír ao desenvolvemento do noso territorio, conscientes de que preservar o Val do Salnés é unha responsabilidade colectiva.
O noso compromiso é seguir avanzando, aprendendo e incorporando novas prácticas que nos permitan elaborar viños de calidade respectando o equilibrio entre a actividade vitivinícola, as persoas e o medio ambiente.


