1000Caminos xa ten gañadores

16 de Febreiro de 2015

A entrega de premios tivo lugar o pasado 13 de febreiro

A entrega de premios tivo lugar o pasado 13 de febreiro

Ganadores 1000Caminos

A quinta edición de 1000caminos, o concurso online sobre o Camiño de Santiago organizado pola bodega, xa coñece aos seus gañadores finais.

O xurado, formado por Bieito Pérez, director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela; Manuel González Menéndez, xornalista e presidente da Asociación da prensa da Coruña; Pepe Ferrín, fotógrafo da Axencia Galega de Noticias; Jose Manuel Garcia, xornalista de Radio e Televisión de Galicia e director do programa “Come e fala” e o presidente da bodega, José Martínez Chantada, decidiu que os premios recaeran sobre os seguintes autores e obras:

A entrega de premios celebrouse o pasado 13 de febreiro na Casa do Deán de Santiago de Compostela. Os gañadores gozarán agora de viaxes a Italia, Francia e Alemania, onde poderán percorrer as rúas das súas coñecidas ciudades e vivir unha xornada de enoturismo nalgunhas das zonas vinícolas máis populares de Europa.

No acto de entrega, Martínez Chantada, agradeceu á comunidade de peregrinos o seu apoio ao  longo destas cinco edicións, nas que se recibiron preto de 500.000 visitas á web e participaron máis de 4000 traballos, e anunciou que a sexta edición traerá importantes novidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario