Como cada verán, acollemos nas nosas instalacións unha exposición de arte. Nesta ocasión, os protagonistas son os elementos do mar e as propias mariscadoras que o traballan, A Maré, obra do escultor e pintor Lito Portela.
A mostra estará exposta na bodega durante os meses de agosto e setembro, polo que, ao visitarnos, poderedes disfrutar non só de toda a cultura do viño senón tamén da arte.
Con ella Portela quere, por una parte, render homenaxe ás mariscadoras, oficio co que se sinte identificado, “un dos máis antigos e que aínda resiste, literalmente, coa auga ao pescozo”.
Os “Esperpentos” son outras das pezas que compoñían a mostra. En elas o azar xoga un papel moi importante controlando o trasfondo de cada unha. O resultado é unha serie de figuras que se aproximan ao estético, casi perfectas, con aspecto de xoiería, pero que á súa vez están formadas de elementos plásticos e cemento, materiais que, por contraposición, se acercan ao repulsivo. Entre elas pódense distinguir barcos, sereas e caracolas…