As tardes do Atlántico amplía o seu calendario durante setembro

24 de Agosto de 2018

A terraza de Martín Códax presenta unha nova experiencia enoturística

A terraza de Martín Códax presenta unha nova experiencia enoturística

cartel-programacion-septiembre

¿A que saben, olen e soan as tardes do Atlántico? A nova oferta enoturística de Bodegas Martín Códax busca ofrecer unha experiencia totalmente atlántica a todos os que se acheguen a nosa terraza. Para iso, bota man dos produtos protagonistas do Atlántico así como tamén dos seus produtores, para lograr poñer en sintonía aos participantes co entorno oceánico da terraza da bodega e sempre coa presenza do albariño.

Serán moitos e moi variados os produtos que terán cabida neste ciclo de catas que se celebrarán as tardes de martes, mércores e venres dos meses de xullo e agosto e de martes a veres durante o mes de setembro.

Os asistentes poderán saborear a calidade dos produtos tradicionais da zona reinventados a través de elaboracións que, ademais de respectar a materia prima, achegan notas asiáticas e de fusión. Sushi, dumplings, queixos, empanadas ou doces son algúns dos produtos que os asistentes poderán saborear na terraza da bodega, baixo a influenza oceánica.

Estas propostas gastronómicas serán unha maridaxe perfecta e innovadora coa que acompañar os diferentes viños da cooperativa, albariños cultivados e elaborados no Salnés.

A experiencia enoturística d’As tardes do Atlántico, que terá un prezo de 15 euros por persoa, terá aforo limitado, polo que para asistir será preciso facer reserva previa chamando á bodega ao teléfono 986 526 040 ou a través do correo electrónico enoturismo@martincodax.com.

O calendario d’As tardes do Atlántico estenderase ata o mes de setembro e compartirase de dúas en dúas semanas a través da páxina web e das redes sociais de Bodegas Martín Códax.

A continuación, presentamos o calendario para o mes de setembro:

– 31 de agosto: vino & queso

– 4 de setembro: viño & conservas

– 5 de setembro: viño & conservas

– 6 de setembro: viño & queixo

– 7 de setembro: viño & doces

– 11 de setembro: viño & conservas

-12 de setembro: viño & conservas

– 13 de setembro: viño & queixo

– 14 de setembro: viño & empanada

– 18 de setembro: viño & conservas

– 19 de setembro: viño & conservas

– 20 de setembro: viño & sushi

– 21 de setembro: viño & doces

– 25 de setembro: viño & conservas

– 26 de setembro: viño & conservas

– 27 de setembro: viño & sushi

– 28 de setembro: viño & empanada

  1. Hola
    Estaremos en vuestras tierras de 17 al 27 de julio. Tenemos un restaurante, vendemos Martin Codax entre otros y nos gustaría hacer una visita. Somos 7 personas y nos apetece estar en la.degustacion de vinony queso dia 18. Nos podrian decir si es posible? Gracias

    1. Hola,
      Muchas gracias por contactar con nosotros y estar interesados en venir a nuestra casa. Estaremos encantados de recibiros. Para ver la disponibilidad de fechas y horarios, por favor contactad con el departamento de enoturismo en el correo enoturismo@martincodax.com o en el teléfono 986526040.
      Un saludo.

Deixa una resposta a codax Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario