Un ano máis, tal e como viña sendo habitual durante estas datas, descubrimos cales foron os proxectos finalistas dos nosos premios.
O xurado profesional dos Premios Martín Codax da música realizou unha primeira selección de entre as 577 propostas recibidas nesta VII edición. Un total de 60 finalistas: 51 proxectos musicais e 9 proxectos Organistrum (salas, festivais e proxectos de comunicación e difusión musical) resultaron seleccionados como finalistas dos nosos premios.
Agora será a quenda dos socios e socias de Músicas ao Vivo, a partir deste luns 20 de abril ata o próximo día 3 de maio, comezarán as súas votacións para decidir cal será o proxecto premiado de cada unha das 20 categorías de este ano.
Listado dos proxectos finalistas:
Bandas de Música Popular; Banda de Música de Merza | Banda de Música Municipal de Valga | Banda de Unión Musical de Meaño
Blues, Funk e Soul; Brais Morán | Carla Green & The Demons | Narci Rodríguez dA Trío
Canción de Autor/a; MJ Pérez | Pablo Lesuit | Silvia Penide
Coros e Grupos Vocais; Coro Cantabile | De Vacas | Sisters in the House
Electrónica; Koroiev | Músculo! | Yugen Kala
Jazz e Músicas Improvisadas; Manuel Gutiérrez Trío | Xacobe Martínez Antelo Trío | Xan Campos Trío
Metal; Broa | Grima | Mano de Piedra
Música Clásica e Contemporánea; Katerina Linke | Samuel Diz | Taller Atlántico Contemporáneo
Música Folk; Caldo | Candorka Trío | Susana Seivane
Música Infantil; Lingua Guapa Cantos Que Contan | Magín Blanco e a Banda das Apertas | Radio Bulebule
Música Tradicional; Faia | Mulleres de Gharghamala | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Músicas do Mundo; Lamas/De Miguel/Romero | Najla Shami | Oîma
Músicas Urbanas; Kaixo | Laura Lamontagne & Picoamperio | Mundo Prestigio
Orquestras, Grupos e Música de Verbena: América de Vigo | La Fórmula | Orquesta Los Trovadores
Pop e Indie: Blanco Palamera | Guadi Galego e A Banda Somerxida | Xoel López Reggae
Ska e Mestizaxe: Chow y la Diligente Reggae Band | García MC & Nación Quilombo | High Paw & Elephants Yard
Rock: Agoraphobia | Heredeiros da Crus | Moloch
Premios Organistrum:
Festivais: Festival Agrocuir da Ulloa | Melonafest | Revenidas
Proxectos de Comunicación e Difusión Musical: Músicas Galegas Ilustradas | O Recanto Do Corcovado | Xirarei
Salas: La Fábrica de Chocolate Club | Náutico | Sala Mardi Gras
¡Parabéns a todos os finalistas!
Ademais de ser a edición con maior participación na historia dos Premios Martín Codax da Música, a calidade dos proxectos musicais presentados déixanos ver o gran talento dos/as artistas galegos/as.
Queres coñecer todas as novidades sobre esta edición?
Consulta la web www.premiosmartincodax.gal!