VII Premios Martín Códax da Música

28 de Febreiro de 2020

Dúas familias: unha cooperativa de viticultores y unha asociación de músicas e músicos súmanse para facer país, a través da música que é parte da nosa cultura e identidade.

Dúas familias: unha cooperativa de viticultores y unha asociación de músicas e músicos súmanse para facer país, a través da música que é parte da nosa cultura e identidade.

_IX_0615-min

Os Premios Martín Códax da Música galega chaman o sector a participar na súa sétima edición!

Baixo os focos da Sala Sónar, en Santiago, compartimos a presentación duns galardóns que non fan máis que poñer en valor a calidade das músicas e músicos galegos e dos proxectos musicais do noso país.

_IX_0588-min

Nosa directora de márketing, María Garrido, destacou que “dúas familias, a nosa coperativa e unha asociación de músicas e músicos, xúntanse para poñer en valor a calidade da música galega e das e dos profesionais que fan país con ela! Sumar e poñer en valor a cultura galega é e será sempre un dos idearios do espírito da nosa adega e do noso facer diario”.

_IX_0632-min

A edición deste ano ten varias novidades nas categorías. A música folque e a tradicional teñen entidade propia e diferenciada, desdobrándose as categorías, tamén hai un apartado para as bandas de música populares, un novo sistema votacións no que un xurado profesional composto por cinco persoas entre as que se atopan músicas e músicos, industria, formación musical e algún representante dos medios será o encargado de facer unha primeira selección, para que logo os socios e socias escollan os premiados.

Ademais,  deuse a coñecer que Gustavo Dieste será o director artístico da gala final a celebrar o 6 maio en Pontevedra e que a gala de finalistas terá lugar o 15 de abril en Bodegas Martín Códax.

Para inscribirte nos Premios Martín Códax da Música preme aquí!

_IX_0717-min _IX_0587-min

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario