Copa Gitana Martín Códax

16 de Xullo de 2013

110ª edición

110ª edición

Tres xornadas de regatas puxeron fin á Copa Gitana Martín Códax de barcos de época e clásicos. Celebrada en Getxo converteuse xa nunha das competicións máis importantes a nivel español na súa categoría, contando este ano con máis de 30 embarcacións. Son xa 15 as edicións realizadas neste formato.

O Real Club Marítimo de Abra-Real Sporting Club de Getxo-Bilbao foi o lugar elixido para a entrega de premios. O noso delegado en Biscaia, Jose Ramón Arbide, foi o encargado de outorgalos.

O Asti V, de Ibon Basañez, conseguiu o primeiro premio na categoría de veleiros de época; oArtako, de Juan Olabarry, conseguiuno na de clásicos e o Taramay Urbegi, de David Fernández, alzouse co primeiro posto na categoría Espírito de tradición.

Por último, na categoría J80 impúxose o “Bufete Barrilero e Asociados”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario