O espírito de verbena impregnou a gala dos 9º Premios da Música Martín Códax

06 de Outubro de 2022

Os nomes dos proxectos premiados neste 2022 foron desvelados ao longo da gala: Airiños da Freba, Sheila Patricia, Banda Unión Musical de Meaño, Os d’Abaixo, Grande Amore, Xosé Miguélez 4tet, Familia Caamagno, Grima, Nastasia Zürcher, Sofía Espiñeira, Mamá Cabra, Rebeliom do Inframundo, América de Vigo, Néboa e Samudra Trío. A gran ovación da noite, para Fuxan os Ventos que recollían o Premio Honorífico 2022.

Os nomes dos proxectos premiados neste 2022 foron desvelados ao longo da gala: Airiños da Freba, Sheila Patricia, Banda Unión Musical de Meaño, Os d’Abaixo, Grande Amore, Xosé Miguélez 4tet, Familia Caamagno, Grima, Nastasia Zürcher, Sofía Espiñeira, Mamá Cabra, Rebeliom do Inframundo, América de Vigo, Néboa e Samudra Trío. A gran ovación da noite, para Fuxan os Ventos que recollían o Premio Honorífico 2022.

O escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra converteuse no palco dunha festa popular. A actriz e guionista Carmen Conde, de Tarabela Creativa, asumiu a dirección artística da gala cun relato  cheo de espectáculo sobre a historia e a relevancia das verbenas no noso país. A electrocharanga orixinaria de Negreira, a Mekanika Rolling Band, foi un elemento fundamental no desenvolvemento da gala cos seus sete músicos.

A partir das nove da noite comezaron a desvelarse os proxectos premiados nos Premios Martín Códax 2022:  Airiños da Freba, na categoría Música Tradicional (ausentes na gala xa que estaban actuando nas festas de San Froilán en Lugo), Sheila Patricia, en Músicas do Mundo e Mestizaxe, a Banda Unión Musical de Meaño, en Bandas de Música Popular, e Os d’Abaixo, en Folk, foron dos primeiros da noite. Seguiron subindo ao escenario do Pazo da Cultura a polo seu galardón, Grande Amore, en Electrónica, Xosé Miguélez 4tet, en Jazz e Músicas Improvisdas, Familia Caamagno, en Rock, e Grima, na categoría de Metal.  Nastasia Zürcher foi a artista premiada en Blues, Funk e Soul, Sofía Espiñeira, en Canción de Autor/a, Mamá Cabra, en Infantil e Rebeliom do Inframundo, en Músicas Urbanas. As últimas categorías que desvelaron premio na gala foron Orquestras, Grupos e Música de Verbena, para América de Vigo, Pop e Indie, para Néboa, e Música Clásica Contemporánea para Samudra Trío.

Os Premios Organistrum recuperaron nesta 9º edición o seu procedemento habitual tras a pandemia; os tres galardóns entraron tamén no proceso de inscrición xeral. No caso de Comunicación e Difusión, o proxecto premiado foi Descúbreas, o programa impulsado pola Deputación de Pontevedra para dar a coñecer ás mulleres profesionais do sector da música que entregou a presidenta da institución, Carmela Silva ás xestoras do mesmo;  en Salas o galardón foi para o local de Vilar de Santos, A Arca da Noe, e na categoría de festivais, subiu a recoller o correspondente galardón o xa histórico Festival de Ortigueira.

A ovación da noite foi, como era de agardar, para Fuxan os Ventos, Premio Honorífico 2022, que recolleron das mans de Xoan Allegue, presidente das Bodegas Martín Códax. O grupo levantou o públlico para cantar ao unísono Sementar Sementarei.  O seu maior éxito discográfico foi “Sementeira”, publicado en 1979; son anos de centos de actuacións, chegando a Cataluña, País Vasco, Lisboa, Bruxelas, París, Zürich, Brest, e mesmo participando en dúas edicións do Festival Intercéltico de Lorient en 1978 e 1979.  Especial foi o seu regreso aos escenarios en 2008 coa xira “Terra de soños”, que daría lugar a un novo disco publicado ao ano seguinte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario