Igualdade de xénero

06 de Setembro de 2013

Xornada Agaca-Martín Códax

Xornada Agaca-Martín Códax

O martes 10 de setembro a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) y Bodegas Martín Códax desenvolverá a xornada: “Emprendemento e fomento do liderado das mulleres nos órganos de decisión das cooperativas agroalimentarias en Galicia”. Terá lugar nas nosas instalacións.

Esta actividade, que persigue o fomento da participación das mulleres nos consellos reitores das coperativas, xorde da necesidade de dar continuidade a dous proxectos desenvolvidos nos tres últimos anos en materia de igualdade: Integra e Social Coop. Ambos procuran unha participación social, política, económica e cultural orientada á igualdade de oportunidades mentres se valora a oportunidade das cooperativas de desenvolver proxectos de asistencia a persoas maiores.

Neste programa, no que tamén participan outras federacións de cooperativas de España, identifícanse cooperativas nas que iniciar o incremento e mellora da participación das mulleres nos Consellos Reitores, a través de accións formativas e de sensibilización, principalmente orientadas a mulleres socias, ou vinculadas á cooperativa, podendo participar tamén varóns.

Ao mesmo tempo, na adega estase a dinamizar a posta en marcha de accións emprendedoras no rural, en particular relacionadas coa prestación de servizos sociais asitenciais no sector de atención ás persoas dependentes, onde a conciliación da vida laboral, persoal e familiar ademais de factor estratéxico é contemplado como unha oportunidade de negocio e diversificación das cooperativas. Martín Códax é unha cooperativa cunha longa traxectoria de compromiso cultural e social.

O acto dará comenzo ás 11:30 horas coa participación de Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o presidente de Viticultores Martín Códax, José Martínez e o presidente de AGACA, José Montes.

Esta acción enmárcase nun convenio de colaboración entre Cooperativas Agro-alimentarias de España e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, co financiamento do Fondo Social Europeo e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

As persoas interesadas en participar poden chamar a AGACA ao 981 584 783, preguntando por Ruth Rodríguez ou Berta Pérez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario