Juan Vázquez, Presidente do Clusaga

29 de Agosto de 2015

Novo nomeamento

Novo nomeamento

juanvazquez-presidente-clusaga

O pasado mes de xuño, o CLUSAGA, Clúster Alimentario de Galicia, nomeaba ao director xeral de Bodegas Martín Códax, Juan AVázquez Gancedo, novo presidente da institución, relevando a José Luis Antuña que ocupaba o cargo dende a súa fundación no ano 2010.

Elixido pola Asemblea General, ata agora ocupara o cargo de vicepresidente do clúster ademais de ser Patrón Experto do Observatorio Español do Mercado do Viño e membro da Xunta Directiva  da Plataforma Tecnolóxica do Viño e coordinador da súa comisión de mercadotecnia.

No acto de relevo, Juan Vázquez anunciou a inmediata posta en marcha dun novo plan estratéxico que se desenvolverá nun escenario onde a Comisión Europea orienta as súas políticas dentro do marco Horizonte 20.20 con medidas que fagan de Europa unha economía intelixente.

Avanzou, ademais, a revisión dos cinco eixes de actuación que orientaron o traballo do clúster durante os seus cinco anos de existencia como o de impulsión de I+D e reforzo da capacidade de innovación, o de mellora da produtividade, procesos e sostibilidade, o de internacionalización ou o de fomento da cooperación empresarial e do traballo en rede.

Segundo Juan Vázquez, nesta nova etapao CLUSAGA ten que ser capaz de entender e atender as empresas e socios nun mercado tan cambiante como no que nos encontramos“.

Para iso, indica que unha das claves será “encontrar e utilizar as ferramentas que o analizan, formar os directivos que se desenvolvan nel, achegarse ás novas canles de distribución, indagar sobre as innovacións que crean tendencia, abrir relacións e mercados, e encontrar os interlocutores axeitados“.

Deixa una resposta a Julián Parga Rodríguez Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario