Ramón Bilbao, Martín Códax, Prilux e VITEC estudan como evitar que a exposición á luz dane o aroma e a cor nos brancos, escumosos e rosados

22 de Novembro de 2019

A través de tecnoloxía LED poderían mitigar os defectos que a exposición prolongada á luz convencional pode chegar a provocar nos vinos embotellados, especialmente en vidro transparente.

A través de tecnoloxía LED poderían mitigar os defectos que a exposición prolongada á luz convencional pode chegar a provocar nos vinos embotellados, especialmente en vidro transparente.

retasteled

• O proxecto de I+D RETASTELED investiga solucións tecnolóxicas, sostibles e innovadoras para facer fronte á posible deterioración fotoquímica destes viños a nivel de aroma e cor

• Trata de desenvolver novas fontes de luz (LEDs) para mitigar os defectos que a exposición prolongada á luz convencional pode chegar a provocar nos viños embotellados, especialmente en vidro transparente

• Ramón Bilbao, Bodegas Martín Códax, Prilux Iluminación I+D e VITEC (Centro Tecnolóxico do Viño) desenvolven este proxecto que conta co apoio financeiro do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

O proxecto de I+D RETASTELED investiga o desenvolvemento e a aplicación de novas tecnoloxías LED para facer fronte á posible deterioración fotoquímica(coñecido como “gusto de luz”) que pode afectar, especialmente, aos viños brancos, rosados e escumosos cando se expoñen á luz ultravioleta-visible convencional. Os efectos organolépticos característicos do gusto de luz poden afectar, principalmente, ao aroma e á cor. Consecuentemente, poderían aparecer aromas desagradables (col, cebola, la mollada e allo). O desenvolvemento destes aromas adoita vir acompañado dunha perda de frescor e do aroma afroitado do viño, o que podería xerar á súa vez cambios repentinos na súa cor.

Mediante a instalación destes LEDs en adegas e lineais de venda, o proxecto RETASTELED propón desenvolver alternativas tecnolóxicas, sustentables e innovadoras, que terminen con estas indesexables transformacións fotoquímicas, capaces de minguar a calidade organoléptica dos viños.

A adega rioxana Ramón Bilbao lidera este proxecto de investigación industrial no que, ademais, participan outros tres socios vinculados ao mundo do viño e a iluminación: Bodegas Martín Códax (Galicia), Prilux Iluminación I+D (Castela A Mancha) e VITEC- Centro Tecnolóxico do Viño (Cataluña). Pola súa banda, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICINN), na Convocatoria Retos de Colaboración 2017, financia esta innovadora iniciativa cun orzamento de máis de 750.000€, a través da Axencia Estatal de Innovación.

Obxectivos do proxecto

RETASTELED prevé a substitución, en adegas e centros comerciais, das actuais lámpadas convencionais de sodio por luces con tecnoloxía LED. Estas, son moito máis intensas e levan un consumo eléctrico moi inferior, o que ademais permitirá ás adegas optimizar os seus custos de produción e ser máis sustentables. Por outra banda, de cara aos produtores e comercializadores, preténdese que as novas luces LED non emitan nas lonxitudes de onda críticas para a redución da riboflavina, (entre 370 ou 442 nm). Esta molécula, tamén coñecida como Vitamina B2, é a precursora e responsable do gusto de luz nos viños.

Neste sentido, o obxectivo fundamental do proxecto consiste en desenvolver novas fontes de luz (baseadas na tecnoloxía LED) para a súa aplicación na industria vitivinícola, nas grandes superficies de venda e nas cadeas de distribución. A substitución das actuais fontes de luz por unha iluminación que non afecte á calidade dos viños, supón todo un reto tecnolóxico actual, cuxa resolución pode comportar tamén un claro beneficio ambiental e de aforro enerxético.

Por esta razón, as posibilidades que ofrece o desenvolvemento industrial no sector da luminotecnia, xunto coa importancia do sector do viño na industria agroalimentaria, pon en valor a relevancia e interese do proxecto RETASTELED. Sen dúbida, esta iniciativa contribuirá a un mellor posicionamento das empresas e adegas españolas a nivel mundial, á vez que levará un alto e positivo impacto socioeconómico e ambiental.

Sobre o proxecto RETASTELED:

RETASTELED é un proxecto de I+D que ten por obxectivo estudar a aplicación de novas tecnoloxías LED para facer fronte á deterioración fotoquímica que poden sufrir os viños brancos, rosados e escumosos cando se expoñen á luz ultravioleta-visible. Deste xeito, pretende desenvolver solucións, sustentables e innovadoras en adega e lineais de venda, co propósito de terminar coas transformacións fotoquímicas que alteran a cor, gusto e aroma destes viños.

Adegas Ramón Bilbao lidera este proxecto de I+D de investigación industrial en cooperación no que, ademais, participan outros tres socios vinculados ao mundo do viño e a iluminación: Bodegas Martín Códax (Galicia), Prilux Iluminación I+D (Castela A Mancha) e VITEC- Centro Tecnolóxico do Viño (Cataluña). O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICINN), a través da Axencia Estatal de Innovación, financia esta innovadora iniciativa cun orzamento de máis de 750.000?€, no marco da Convocatoria Retos de Colaboración 2017. RETASTELED ten unha duración prevista de tres anos, finalizando en decembro de 2021.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario