Letras Galegas

11 de Maio de 2018

Martín Códax. Edición especial.

Martín Códax. Edición especial.

martincodax_letras_galegas_530x382

Comprar edición especial Martín Códax Letras Galegas pinchando aquí. 

Bodegas Martín Códax celebra o Día das Letras Galegas co lanzamento dunha edición especial.

O deseño da etiqueta, feito pola ilustradora galega Alba Casanova, é unha homenaxe aos grandes escritores galegos.

A nosa etiqueta habitual é xa unha homenaxe á lingua e á música galegas, pois o noso trobador contribuiu á consolidación do noso idioma. Agora, por tempo limitado, renderá tributo ao conxunto de escritores que fixeron do galego o seu estandarte representando a algúns dos máximos creadores literarios na nosa lingua.

E é que o albariño Martín Códax invitará a Rosalía, Castelao, Cunqueiro ou Lois Pereiro, entre outros, a ser os protagonistas da súa etiqueta.

Co gallo do Día das Letras Galegas, lanzamos unha edición especial de Martín Códax cun deseño da ilustradora Alba Casanova,. Se queres comprala, fai click aquí. 

Animámosvos agora a imitar aos personaxes da etiqueta, a facer unha paradiña e gozar desta edición especial do albariño Martín Códax. Saúde!

 

Sobre Martín Códax Edición Especial Letras Galegas.

Unha paradiña

A narrativa peregrina e actual de María Victoria Moreno, os poemas espléndidos e provocadores de Lois Pereiro, a lingua feminista de Rosalía, o rexistro combativo e humorístico de Castelao e o realismo máxico de Cunqueiro, fan unha paradiña.

Unha paradiña quizais para reencontrarse, coñecerse ou, simplemente, para tomar folgos. Un repouso para pensar amodo ou para pensar bonito; para falar de amor, dos veciños, dun verso, de como lle vai a vida á nosa lingua ou das mil primaveras máis. Unha paradiña para tomar impulso.

 

Sobre Alba Casanova.

Nacida en Vigo en 1981, a obra desta artista abarca diferentes disciplinas, aínda que se desenvolve principalmente arredor do collage e da ilustración. Parte destes elementos obtenos traballando no resultado mediante procesos dixitais, aplicando diversas técnicas en función das necesidades de cada proxecto. A poética do cotiá, as problemáticas de xénero ou as referencias ao seu lugar de orixe son constantes no seu traballo, enfocado nos últimos anos cara á animación, o mundo audiovisual e o editorial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario