Martín Códax, Mellor Adega do Ano 2018

31 de Outubro de 2017

A publicación especializada "Vivir el Vino" outorga este recoñecemento á adega nos seus premios anuais, "Los 11 Magníficos".

A publicación especializada "Vivir el Vino" outorga este recoñecemento á adega nos seus premios anuais, "Los 11 Magníficos".

mejor bodega martín códax 530x382px

Fai uns días, durante a homenaxe á nosa patrona, a adega celebraba o bo ano que tivemos, cheo de recoñecementos ao noso  traballo. Estando case aún coa resaca desta celebración, chegounos esta boísima nova:  a guía “Vivir el Vino” nomeounos Mellor Adega do Ano!

A revista especializada, facía públicos esta semana aos gañadores dos seus premios anuais “Los 11 magníficos 2018”, integrados na súa guía de viños. Entre eles, destaca este gran recoñecemento á nosa adega.

Este novo premio, volve a avalar o traballo da adega e o noso bo  facer.  Súmase aos últimos recibidos como o de Mellor Xestión en I+D+i ou o que recollía o propio director, Juan Vázquez Gancedo, á Personalidade do Ano no mundo do viño.

Non é a primeira vez que Bodegas Martín Códax recibe esta distinción. A guía “Sin mala uva” tamén lle otorgou este premio no ano 2015, e o de Mellor Grupo Cooperativo no 2016.

A verdade é que non podemos estar máis contentos. Celebrádeo connosco?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario