Oro en Cinve 2012

05 de Decembro de 2012

Galardoados con 45 premios no que vae de ano.

Galardoados con 45 premios no que vae de ano.

A poucos días de poñer fin a este 2012, facemos balance do noso traballo e dos recoñecementos que recibiron os nosos viños: este ano un total de 45 premios recibidos.  Os máis recentes, o oro recibido por Martín Códax 2009 na Cata das Añadas, que ven a reforzar a lonxevidade e versatilidade da uva albariña, e o recibido por Martín Códax 2011 no Concurso Internacional Cinve 2012 que se celebrou no mes de Novembro en Valladolid. No mesmo concurso o noso albariño fermentado en barrica, Organistrum 2009 foi tamén galardoado cunha medalla de prata ademais doutros viños como Alba Martín 2011, Mara Martín 2011 e o mencía Cuatro Pasos 2010.

Estes premios súmanse á longa lista de galardóns que os nosos viños acadaron ao longo de todo o ano en varios concursos internacionais e nacionais de gran prestixio.

Os primeiros recoñecementos chegaban por parte dos certames nacionais “Vino y Mujer”, organizado pola Asociación Alamesa, que premiaban aos viños de Alma Atlántica, Alba e Mara Martín, cos premios diamante e rubí, respectivamente. A estes concursos seguíronlles outros como os premios Bacchus, organizados pola Unión Española de Catadores, onde Martín Códax eo mencía Cuatro Pasos se levaban medalla de prata.

A nivel internacional, destacan as medallas conseguidas no International Wine Challenge e no Decanter, onde os viños da adega obtiveron un total de 9 medallas. Cabe resaltar asi mesmo a medalla de prata recibida por Organistrum 2009 no Sommelier Wine Award de Londres.

Por último, non podemos esquecer un dos grandes premios recibidos pola adega este ano y que foi o recoñecemento na XXIV Cata de Viños de Galicia ao godello Mara Martín como Mellor Vio Branco de Galicia

Ademais, diferentes viños de exportación tamén foron galardoados con diferentes medallas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario