Outono Códax Festival

30 de Abril de 2013

Quentando motores.

Quentando motores.

O Outono Rock Festival iniciará este ano unha nova andaina como Outono Códax Festival, tras o acordo de patrocinio alcanzado entre as entidades promotoras do festival (A Reixa e Raíña Productions) e a compañía galega Bodegas Martín Códax, que reafirma deste modo o seu compromiso co festival, co que xa colaborou na súa anterior edición.

Así, o Outono Códax Festival -que xurdiu en 2011 co obxectivo de achegar a Galicia unha proposta musical de calidade, diferenciada e centrada no soul, o rock´n roll e o rythm&blues- prepara xa a súa III edición, co obxectivo de reivindicarse un ano máis como unha das citas de referencia na axenda da denominada “música negra”.

O festival ultima a programación deste ano, cuxa presentación está prevista para o próximo mes de xuño e na que unha vez máis se manterá fiel á súa filosofía: achegar a Galicia unha coidada selección musical na que se combinan lendas mundiais, bandas internacionais de referencia no xénero e grupos galegos de recoñecida proxección.

Esta orixinal fórmula é a que permitiu xa que grandes lendas contemporáneas como LaLa Brooks (a mítica vocalista de The Crystals), Maxine Brown (denominada a princesa do soul de Nova York) ou Bill Kirchen (o lendario “titán da Telecaster“) actuasen por primeira vez en Galicia (e en España nos dous primeiros casos) grazas ao festival. Con tales artistas, compartiron escenario bandas internacionais do talle de Ray Collin ´ s Hot Club, Jeff Hershey &The Heartbeats, JC Brooks&The Uptown Sound ou Si Cranstoun, ou grupos nacionais e galegos de recoñecida traxectoria como Mambo Jambo, The Pepper Pots ou The Allnight Workers.

Tamén como é habitual, o Outono Códax Festival completará a súa proposta musical con actividades paralelas que contribúan a dinamizar un festival co que tamén colaboran preto dun centenar de establecementos hostaleiros e comerciais da capital galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario