Premio dá Cultura Galega 2025, un recoñecemento á nosa forma de entender a cultura
24 de Abril de 2026
Un recoñecemento que nos emociona especialmente porque pon en valor máis de 40 anos nos que construímos un proxecto onde cultura, música e territorio forman parte da nosa esencia.
Un recoñecemento que nos emociona especialmente porque pon en valor máis de 40 anos nos que construímos un proxecto onde cultura, música e territorio forman parte da nosa esencia.

Recibir o Premio da Cultura Galega 2025, outorgado pola Xunta de Galicia, é para nós un motivo de profundo orgullo. Non só polo que representa este galardón, senón porque recoñece unha maneira de facer que nos acompañou desde os nosos inicios: entender a cultura como algo propio, inseparable do noso proxecto.
Un premio que recoñece a nosa identidade
Este recoñecemento ten ademais un significado especial, xa que somos a primeira empresa en recibilo. Sentímolo como unha homenaxe a unha traxectoria colectiva, construída xunto ás máis de 600 familias viticultoras que forman parte de Martín Códax e que fixeron posible que chegásemos ata aquí sen perder a nosa identidade.
Nacemos cunha idea clara: poñer en valor o potencial do albariño sen renunciar ás nosas raíces. Co paso do tempo fomos medrando, levando os nosos viños a máis de 60 países, pero sempre tivemos presente que o noso proxecto só ten sentido se seguimos conectados co lugar do que nacemos.
Cultura e música: o corazón do noso proxecto
Para nós, “Toda unha cultura” non é só un slogan. É unha forma de entender o que facemos cada día, desde a orixe e cunha conexión constante co territorio. A cultura está presente na nosa maneira de traballar, pero tamén en como concebimos o viño e nos detalles que o acompañan, porque entendemos que todo comunica e todo forma parte da mesma historia.
Unha cultura que se vive en cada etapa: no propio albariño e na vendima, que entendemos como un momento de memoria, de comunidade e de identidade compartida, e que nace inspirada no trobador galego do século XIII que dá nome á adega, baixo cuxo nome fomos construíndo co tempo un relato propio no que viño, música, memoria e territorio avanzan xuntos.
Ao longo destes anos impulsamos iniciativas que reflicten este compromiso. Os Xoves de Códax é un dos exemplos máis claros: un espazo no que cada verán abrimos a nosa adega á música e á creación contemporánea. Gústanos pensar neste ciclo como un lugar de encontro, onde artistas galegos e de fóra crean xuntos propostas únicas. Ademais, o seu carácter solidario permitiunos contribuír a numerosos proxectos sociais.
A música ocupa un lugar central na nosa forma de entender a cultura. Por iso impulsamos os Premios Martín Códax da Música, que xa alcanzan a súa décimo terceira edición, e o Outono Códax Festival, un punto de encontro que cada outono reúne en Santiago de Compostela a artistas e público arredor da música.
Compromiso co patrimonio e mirada ao futuro
O noso compromiso tamén se estende ao patrimonio e á palabra. Ao longo dos anos, promovemos iniciativas vencelladas á recuperación da música medieval e á creación literaria en lingua galega, porque cremos que coidar da nosa cultura é tamén coidar do que somos.
Este premio anímanos a seguir avanzando desde a coherencia e a responsabilidade. A seguir construíndo un proxecto no que o viño, a cultura e o territorio camiñan xuntos. Porque se algo temos claro é que medrar só ten sentido se o facemos sen perder a nosa esencia.


Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario
