Premio en I+D e formación

23 de Maio de 2013

A hostelería e o turismo galego premian o proxecto Innter Gal-Eno

A hostelería e o turismo galego premian o proxecto Innter Gal-Eno

Bodegas Martín Códax acaba de recibir o premio HG&T-AGAXET na categoría I+D e formación como adega líder do proxecto Innter Gal-Eno 2012, no contexto da XV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada no Teatro Principal de Pontevedra.

Recollía o premio o director da adega, Juan A. Vázquez Gancedo, que recalcou a importancia da investigación e o desenvolvemento no campo da viticultura e do sector primario e de servizos nos momentos que vivimos. “Os que somos viticultores sempre cremos nos resultados do traballo ben feito e nunha vida vinculada á nosa terras e valores tradicionais” – declaraba Vázquez Gancedo. “Esta forma de vida dános unha visión a medio e longo prazo que nos permite predicir unha Galicia da post crise baseada no sector primario e terciario, pero este sono só poderemos alcanzalo con colaboración e con innovación”, concluía o director de Bodegas Martín Códax.

Á recollida do premio acudiron tamén representantes do resto de adegas que forman parte do proxecto (Adegas Valmiñor, Adegas Moure, Adegas Reitoral de Amandi, Pazo de San Mauro e Virxen de Galir) así como da Mision Biológica de Galicia (MBG-CSIC), do Instituto Tecnolóxico de Galicia e da Universidade Politécnica de Madrid.

O proxecto INNTER GAL-ENO 2012, liderado por Bodegas Martín Códax, nace no marco do programa INTERCONECTA promovido polo CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial) co obxectivo de potenciar o valor das variedades vinícolas autóctonas galegas para elaborar produtos e viños diferenciados e de alta calidade; redeseñar os procesos de produción para reducir os custos; realizar unha viticultura máis respectuosa co medio e mellorar as marxes de comercialización. As nove variedades que estuda o proxecto son a Albariño, Godello, Treixadura, Loureiro, Caíño branco, Mencía, Castamal, Merenzao e Caíño tinto.

A parte científica do proxecto foi encargada ao CSIC e o ITG que realizan os traballos de investigación a través do grupo de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia e da área de innovación Tecnolóxica do ITG. Contan tamén coa colaboración da Unviersidad Politécnica de Madrid.

Para alcanzar os obxectivos deste proxecto, que situará a Galicia na vangarda da tecnoloxía e da xeración de coñecemento no sector vitivinícola nacional, se analizarán as vendimas dos anos 2012, 2013 e 2014, as cepas serán monitorizadas mediante un sistema de redes de sensores inarámicos e os datos obtidos se analizarán para poder elaborar modelos de avisos de enfermidades.

En esencia, o proxecto INNTER GAL-ENO 2012 pretende coñecer en profundidade a potencialidade varietal galega mediante a análise e estudo detallado dos datos obtidos a partir de ensaios en campo multifactoriais que permitirán coñecer as condicións óptimas para o cultivo de cada variedade, en cada específico “terroir“. A través do desenvolvemento de modelos predictivos adaptados á viticultura galega, poderanse aplicar tamén estratexias de control, capaces de previr enfermidades e pragas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario