Representantes de 13 países coñecen a riqueza musical de Galicia con ‘Focus Galicia’ na nosa adega

23 de Outubro de 2023

FOCUS GALICIA 2023 é un evento organizado pola Xunta de Galicia que promove o desenvolvemento internacional da música galega a través dun programa especial de actividades e concertos ao que están convidados os integrantes dun selecto grupo de 25 programadores, distribuidores e profesionais do sector musical que operan en todo o mundo.

FOCUS GALICIA 2023 é un evento organizado pola Xunta de Galicia que promove o desenvolvemento internacional da música galega a través dun programa especial de actividades e concertos ao que están convidados os integrantes dun selecto grupo de 25 programadores, distribuidores e profesionais do sector musical que operan en todo o mundo.

WhatsApp Image 2023-10-23 at 12.26.15

O programa Focus Galicia comezou hoxe na nosa adega a súa axenda de actividades preparada para os responsables de 25 festivais e axencias de distribución e xestión de 13 países, convidados a este evento profesional organizado pola Xunta para descubrirlles a riqueza musical da nosa Comunidade e o seu estreito vínculo co territorio.

Este selecto grupo de programadores, distribuidores e profesionais do sector cultural internacional tiveron a oportunidade de achegarse ás novas sonoridades do percusionista e compositor Mario G. Cortizo, do multiinstrumentista Abraham Cupeiro e da banda de novo folk galego De Ninghures.

O programa de accións que compoñen FOCUS GALICIA está especialmente deseñado para favorecer o contacto persoal directo entre os artistas galegos e os axentes internacionais participantes, poñendo sempre en valor a identidade, o talento actual e a riqueza musical do sector. Será a través dunha serie de concertos en formato showcase a cargo das 10 formacións artísticas que foron seleccionadas por un xurado profesional reunido ao efecto, presentacións rápidas tipo pitching e reunións one to one.

A misión principal é acadar a promoción e difusión internacional da nosa música, unida ao noso patrimonio, así como facilitar a creación de lazos de intercambio e conexións duradeiras no tempo entre creadores e profesionais.

Dende Bodegas Martín Códax unímonos para poñer en valor os músicos galegos e os seus proxectos musicais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario