O vigor no viñedo

17 de Setembro de 2013

I+D+i en viticultura

I+D+i en viticultura

 A influencia do vigor do viñedo no potencial aromático da uva albariño.

En 2009 a adega concluía o proxecto de Zonificación de Viñedos do Salnés cunhas conclusións que descartaban as hipóteses formuladas: a situación do viñedo e a súa exposición non eran parámetros abondo para explicar a variabilidade do viñedo.

Comeza entón unha nova investigación onde se analiza o vigor do viñedo e as prácticas vitícolas como factor de influencia no potencial aromático da uva albariño. Verase que o emprego de novas tecnoloxías como a teledetección e a viticultura de precisión son claves á hora de manexar a variabilidade do minifundio.

Neste proxecto o equipo de viticultura de Bodegas Martín Códax estableceu uns indicadores obxectivos baseados en índices de vexetación para a agrupación de viñedos en catro categorías de menor a maior vigor e a obtención de viños con diferentes perfís aromáticos e serviuse de satélites, voos tripulados e non tripulados e sensores de imaxes para o estudo das parcelas. O voo tripulado resultou ser a tecnoloxía máis axeitada xa que cubría unha área máis extensa e as imaxes obtidas permitían clasificar os viñedos en función do seu vigor.

Á súa vez este estudo dividiuse en dúas variantes: A primeira foi a experimental na que se seleccionaron 14 viñedos con índices de vigor medio para cada categoría e se analizaron minuciosamente parámetros como o peso e a composición da baga, o rendemento, a biomasa ou o peso da madeira, e medidas de múltiples en acio de envero a vendima e en folla en pre-envero. Unha vez chegaba a uva a adega, realizáronse microvinificacións de 150 litros.

A segunda variante fíxose en condicións normais de adega: os viñedos contaban cunha maior variabilidade dentro de cada categoría e os parámetros analizados foron inferiores aos estudados na variante experimental. Ademais, a selección de uva fíxose na propia recepción da adega e vinificó se en cantidades de 10.000 litros. Todo iso, co obxectivo de ver se se mantiñan as mesmas diferenzas achadas na experimental e valorar a validez do método

Unha vez elaborados os viños, saíron á luz resultados bastante esclarecedores. Tanto na cata dos viños experimentais coma nos elaborados en condicións normais de adega, encontráronse diferenzas entre os distintos perfís aromáticos dos viños procedentes de parcelas de diferentes niveis, aínda que neste segundo caso, se ben estas diferenzas existían eran menos acusadas.

Os viños elaborados con uva procedente dos viñedos con menor vigor e maiores niveis de estrés tiñan un perfil de froita madura, melón e marmeleiro, cunha boca redonda e graxa. En contra, os viños de parcelas con excesivo vigor eran menos complexos. O resultado en boca era máis agresivo e unha alta acidez. Os viñedos de niveis intermedios de vigor, eran máis equilibrados. Viños florais, cunha acidez integrada, frescos e moi longos na retronasal.

 

Descarga do artigo en PDF aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario