X Edición de “Os Xóves de Códax”

27 de Xuño de 2023

Este ano celebrase a X edición dos recoñecidos Xóves de Códax

Este ano celebrase a X edición dos recoñecidos Xóves de Códax

Un ano máis, e xa van dez edicións, Bodegas Martín Códax presenta o ciclo musical “Os Xoves de Códax”, no que ofrece unha programación con recoñecidos artistas do panorama musical. Os concertos, que se celebrarán cada xoves, dende o 20 de xullo ó 17 de agosto ás 20:30 horas, estarán marcados pola gran variedade de estilos fusionados entre sí.

Esta décima edición, marcada pola mestura musical e cultural, e que abarcará dende o flamenco, indie, música de autor e pop e rock, terá lugar na terraza de Bodegas Martín Códax. Onde todos os asistentes gozarán dos concertos e actuacións no marco dos atardeceres únicos que ofrece O Salnés, mentres degustan os viños da adega.

Para asistir a cada un dos concertos do ciclo será preciso adquirir a entrada na páxina web da Bodega Martín Códax (www.tienda.martincodax.com). A partir do vindeiro xoves 29 de xuño ás 12.00 horas poderán mercarse as entradas dos concertos do mes de xullo, mentres que as entradas para os concertos do mes de agosto, estarán á venda a partir do 13 de xullo, tamén ás 12.00 horas. Poranse á venda un total de 350 entradas por concerto e a compra estará limitada a 4 entradas máximo por persoa para cada un dos concertos.

As entradas terán un prezo de 25 euros por concerto, e o acceso estará prohibido a todos os menores de idade.

Estes concertos teñen un importantes compromiso social, xa que a recaudación de cada un dos Xoves terá asinada unha asociación solidaria, como parte do compromiso da Adega coa sociedade galega. Ó longo das nove edicións celebradas ata agora, os ciclos dos “Xoves de Códax” recaudaron máis de 185.000 euros, que foron repartidos entre diferentes asociacións solidarias de Galicia.

IMAGENES_ENTRADAS_XOVES-01

Moisés Fernández + Josemi Carmona + Estrella Morente + El Paquete + David de Jacoba + El piraña + El Montoyita + El Yiyo – Xaleo flamenco + ARTISTA INVITADA: Estrella Morente

Referencia galega no mundo do flamenco, Moisés Fernández, ademais membro do grupo Tacón Gitano, colaborou con artistas de renome coma Jorge Pardo, Juan José Suárez “El Paquete”, Ricardo Moreno, Alba Molina, Falete, Ramón Porrina, Josemi Carmona, Kiki Morente, Arcángel, Azúcar moreno, José Del Tomate, Pablo Martín Caminero, Diego De Morao, entre outros.

Moisés Fernández invitará ao escenario artistas referencias mundiais do flamenco como son Josemi Carmona, fillo do maestro Pepe Habichuela, absoluto punto de referencia na fusión das músicas do mundo. Tras 20 años de éxito con Ketama, comeza a súa carreira en solitario e propón unha música rica, capaz de fusionar o flamenco tradicional cun baixo eléctrico ou un tecrado; El Paquete, recoñecido guitarrista nado en Madrid, descendente da familia dos Porrina; José Carbonell “El Montoyita”, guitarrista con Soleá Morente; David de Jacoba: cantaor que traballou con Enrique Morente, Joaquín Cortés, Paco de Lucía, Jerry González. E o percusionista Israel Suárez “El Piraña” que traballou con destacados artistas como Niña Pastori, Vicente Amigo, Tomatito, Bebo Valdés, Diego “Él Cigala”, Chano Dominguez, Rosario, Ketama… ademais tamén subirase ao escenario o bailaor revelación Miguel Fernández “El Yiyo”, que ten traballado con Miguel Poveda, Farruquito, Eva Yerbabuenta, Pitingo e un longo etcétera por medio mundo. 
Esta xornada inaugural contará con Estrella Morente como artista invitada ao concierto. Cantaora granadina pertencente a unha das familia máis importantes do mundo do flamenco, cunha longa traxectoria musical, percorreu os escenarios de maior prestixio de todo o mundo que foron testemuñas da sua inigualable voz e que foi recoñecida co Premio Ondas á mellor creación flamenca ou co a candidatura aos Grammy Latinos, entre outros moitos.

IMAGENES_ENTRADAS_XOVES-02

Antía Muiño + Las Migas – Fusión femenina 

Neste segundo concerto da X edición de Os Xoves de Códax Antía Muiño convidará ó cuarteto musical Las Migas a facer música de fusión e de autor. Un concerto onde o talento xuvenil feminino será o verdadeiro protagonista do solpor.

Antía Muiño, cantautora galardoada co premio á Mellor Artista Emerxente nos Premios Martín Códax da Música no 2022, converteuse nunha artista absolutamente transversal que van dende a facción máis folclórica á alternativa, a jazzera ou á de canción de autor, ou a colaborar con artistas de rexistros e xeracións tan diverxentes como Baiuca, Xabier Díaz ou Néboa, entre outros.

Las Migas, gañadoras dun Latin Grammy ó Mellor Álbum de Flamenco polo seu último traballo “Libres”, defínense como catro mulleres, guerreiras e viaxeiras que renacen e  reinvéntanse, unha e outra vez. Son elas, inconfundibles e únicas.

IMAGENES_ENTRADAS_XOVES-04

Pablo Lesuit + Colectivo Panamera – Música Independiente 

Esta xornada está pensada para non parar de bailar e gozar de forma divertida da velada co galego Pablo Lesuit e a banda Colectivo Panamera.

Nos últimos anos, Pablo Lesuit consagrouse como un músico multi- instrumentista, cantante e compositor galego destacando na nova escena da canción iberoamericana polo seu estilo persoal e independente. A súa música non entende de fronteiras ou etiquetas. Pablo colaborou en grabacións e concertos con artistas coma Jorge Drexler, Eladio y Los Seres Queridos ou a arxentina Esmeralda Escalante de Aínda Dúo.

Pablo Lesuit convidará ó Colectivo Panamera, que estréanse en Os Xoves, a encher o escenario de alegría e bo humor. Un grupo formado por Nacho Taboada (guitarras e voz) e Pepe Curioni (guitarras, baixos e voz) que renovan os ritmos máis queridos do outro lado do Atlántico: dende a cumbia ata o calypso, pasando pola rumba e o carnavalillo, mezclado todo elo co rock máis auténtico. As melodías que saen das mentes creadoras do Colectivo Panamera trasmiten unha alegría por vivir e as súas letras falan dos temas máis universais do ser humán, como é o amor e o desamor, a viaxe por fora e por dentro dun mesmo e bo rollo sen mesura.

IMAGENES_ENTRADAS_XOVES-03

Miguel Lamas + Maldita Nerea – Pop&Rock

Nesta penúltima cita, a terraza de Bodegas Martín Códax encherase de ritmos pop co galego Miguel Lamas quen convidará a compartir escenario a Maldita Nerea.

Miguel Lamas é un dos baterías máis recoñedidos e reputados do panorama musical español que toca a batería dende os 4 anos e que traballou con artistas e grupos como Dani Martín, Melendi, Pablo Alborán, Manuel Carrasco, Amaia Montero, Miriam Rodriguez, Abraham Mateo, Zahara, Raimundo Amador, en directo e no estudio.

Maldita Nerea debutará en Os Xoves de Códax convidado por Miguel Lamas. Grupo musical de pop rock consagrado como un dos principais grupos de todo o panorama español e tamén como un dos máis internacionais en Iberoamérica. Neste concerto fará un percorrido por toda a súa traxectoria e presentará o seu novo disco “La increíble historia entre tú y yo”, estreado a principios do 2023.

IMAGENES_ENTRADAS_XOVES-05

Santiago Auserón – Antoloxía Poética

Non hai mellor broche de ouro de esta X edición dos Xoves de Códax que contar cun dos referentes da música e poesía do panorama artístico español, Santiago Auserón. Gran coñecedor e amigo dos artistas musicais galegos. Nas súas cancións e nos seus escritos, Santiago Auserón foi dando relieve á sombra do seu alter- ego Juan Perro, persoaxe escénico mezcla de bluesman, sonero e xograr íbero. Ofrecerá un concerto único, en solitario, acompañado únicamente pola súa guitarra, a súa figura que se vai enriquecendo ano tras ano, perfilando un espectáculo rico en dimensións e matices.

As cancións sucédense como unha película feita de esceas que van formando unha trama. Por paraxes fronteirizos, Auserón vaise atopando con aparicións coas que dialoga como nunha fábula. As súas melodías condensan as tradicións que permiten confiar no mañá. A variedade de estilos musicais que practica debuxa unha activa personalidade sonora.

Presentará as súas cancións con improvisados relatos que combinan lirismo e humor, repartindo ideas innovadoras. A súa música crea un lugar acolledor onde se entablan complicidades. O seu público fiel estase convertindo nunha especie de irmandade sen outra regla que a experiencia en común da poesía e da música.

 

Deixa una resposta a codax Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario