OS NOSOS VIÑOS

OS NOSOS VIÑOS

MARTÍN CÓDAX

Martín Códax foi un célebre trobador galego do século XIII que inspirou e deu nome ao noso viño máis icónico.

Creado en 1986, este albariño elabórase con uvas seleccionadas manualmente polos nosos viticultores procedentes de parcelas situadas no corazón do Val do Salnés. Segue un rigoroso e coidadoso proceso para garantir a súa pureza varietal e a esencia tradicional dos viños orixinarios desta subzona das Rías Baixas. Cada botella é un fiel reflexo do Atlántico.

MARTÍN CÓDAX LÍAS

O seu nome fai alusión á súa crianza sobre lías e representa o mellor exemplo da evolución do albariño por si mesmo.

Elaborado a partir dunha selección de uvas procedentes de viñedos especialmente equilibrados, nos que, grazas a un traballo máis intenso, se consegue unha mellor disposición dos acios, favorecendo unha maior exposición solar e potenciando a complexidade aromática da uva.

Tras a fermentación alcohólica lévase a cabo unha crianza sobre lías, equilibrando os aromas das lías cos do varietal.

O resultado é un albariño elegante, de gran complexidade aromática, cun gran volume en boca e un elevado potencial de evolución en botella.

MARTÍN CÓDAX AROUSA

Un albariño que nace dunha coidadosa selección de uvas procedentes de pequenas parcelas acaroadas polo mar. Viñedos que medran na desembocadura do río Umia, na Ría de Arousa, que lle dá nome a este viño.

Cultivados por viticultores de longa tradición mariñeira e pesqueira, a singular localización desta selección de viñedos confírelle a este viño un marcado carácter atlántico e salino. Tras unha crianza sobre as súas lías para potenciar estes aromas, o resultado é un verdadeiro reflexo da ría de Arousa e do terroir do Val do Salnés, dos seus solos e do seu clima.

MARTÍN CÓDAX FINCA XIELES

Este viño é unha homenaxe á tradición vitivinícola do Val do Salnés. Un albariño froito das cepas da Finca Xieles, as máis antigas de Bodegas Martín Códax. Este viñedo foi plantado a finais do século XIX e conforma un dos viñedos de cepas vellas máis importantes de Cambados.

Tras unha vendima manual, a fermentación alcohólica lévase a cabo en ovos de formigón, seguida dunha crianza de 6 meses nos mesmos. O resultado é un viño único, nacido destas singulares cepas antigas que lle imprimen un sabor especial que nos lembra á nosa orixe e tradición.

MARTÍN CÓDAX VINDEL

Un albariño que leva o nome do manuscrito que contén a letra e a música orixinais das cantigas do trobador Martín Códax: o Pergamiño Vindel.

Os acios seleccionados para este albariño proceden dun viñedo moi poroso e de baixo rendemento, que permite unha exposición solar extrema das uvas. Estas condicións dan lugar a unha singular maduración que lle confire á uva unha tonalidade rosada que, tras unha vendima tardía e un esmerado proceso de elaboración, dan lugar a un viño de gran estrutura, carácter aterciopelado e complexidade aromática única.

Un branco con alma de tinto.

MARTÍN CÓDAX GALLAECIA

Gallaecia é o primeiro viño galego elaborado a partir de botrite nobre, un fenómeno natural que só ocorre en colleitas excepcionais. A súa vendima tardía e a sobremaduración da uva permiten obter un albariño de gran concentración e complexidade aromática, cunha identidade única.

Froito de anos de experiencia no cultivo do albariño, Gallaecia é a proba definitiva da versatilidade desta uva, consolidándoa como unha das grandes variedades brancas do mundo.

Un albariño singular que desafía o convencional e só se pode describir como único e especial.

MARTÍN CÓDAX ESPUMOSO

Un Brut de longa crianza que amosa o gran potencial da uva albariño e que leva a tipicidade do Val do Salnés a calquera recuncho do mundo dentro da súa finísima burbulla.

Con unha selección de parcelas situadas en zonas máis frescas, vendimadas de forma temperá, búscase o punto óptimo de maduración que garanta o seu frescor e equilibrio. Elabórase seguindo o método tradicional e sométese a unha crianza en rima de 38 meses antes do degüelle, proporcionando complexidade aromática e unha burbulla fina, perfectamente integrada. O resultado é un viño elegante e singular.